sábado. 14.06.2025

Tres vivendas barquenses dispoñibles no Programa de Vivendas Baleiras

portada

Fai uns días coñecíamos as bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras, que xa está en marcha tras finalizar todo o proceso burocrático e ser aprobado polo concello de O Barco. Esta iniciativa ten como obxectivo garantir aos arrendadores o cobro do aluguer, e aos arrendatarios estar a disposición dunha vivenda digna.

A partires deste momento comezan xa os trámites para que aquelas persoas interesadas en incorporarse ao Programa de Vivendas Baleiras poidan poñer a súa casa a disposición do banco de vivendas do programa.

Actualmente, neste concello valdeorrés hai un total de tres propietarios de vivendas que solicitaron incorporarse a este proxecto, promovido polo propio concello en colaboración co Istituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Fegamp, Federación Galega de Municipios e Provincias. Segundo o concelleiro de Servicios Sociais, Igualdade e Sanidade, Orlando Saavedra, hai unha cuarta vivenda que podería unirse a estas tres mencionadas con anterioridade.

En canto á outra parte, xa hai persoas que mostraron o seu interese no programa. O concelleiro sinalou que hai catro familias interesadas en alugar unha vivenda a través deste programa. "Estas viviendas van fundamentalmente a sectores que tengan dificultades para alquilar por su cuenta una vivienda".

Estas casas están sendo revisadas para asegurarse de que cumpren as condicións básicas de habitabilidade. Nun prazo de dúas semanas estarán xa a disposición dos arrendatarios que decidan alugalas.

Os beneficiarios deben encontrase nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de aluguer regular ou acreditar a percepción duns ingresos mínimos de axudas. Os solicitantes, polo tanto, deben reunir certos requisitos entre os que se encontran ter uns ingreses que non baixen do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM), e que ao mesmo tempo non superen 2,5 veces a súa cuantía.

Os aspirantes a entrar no programa como arrendadores terán o único requisito de contar cunha vivenda en propiedade, sen importar as dimensións da mesma, que non sexa considerada inadecuada ou insuficiente.

En caso de que as vivendas postas en aluguer a través deste programa non sexan do agrado das familias arrendatarias, quedarán a disposición do banco de vivendas durante un período de tres anos. O prezo deste aluguer en ningún caso debe superar os 300 euros.

Tres vivendas barquenses dispoñibles no Programa de Vivendas Baleiras