O protagonista do Día das Letras Galegas deste 2022 tivo un especial protagonismo nesta décima edición no «Recanto de Florencio», un espazo onde voces valdeorresas homenaxearon a Florencio Delgado Gurriarán. Fátima Delgado, Anxo Rey, Paco Campos, Domingo Díaz e Os Furafollas —non puideron actuar por unha indisposición que rematou cunha operación cirúrxica de Anxo Baranga—, formaron parte do «Recanto»
«Esta edición foi unha edición de luxo, non so polo Recanto de Florencio, dedicado ao homenaxeado valdeorrés o Día das Letras Galegas, se non tamén pola calidade de todo o resto de participantes, tanto os de aquí coma os foráneos», sinalaba Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Concello do Barco, ao respecto.
Tamén nesta 10 edición os xardíns da Casa Grande de Viloira foron o escenario perfecto. « O Deperto cumpre este ano 10 anos e foi mudando durante este tempo, foi buscando o espazo e o seu sitiño e a verdade que despois de dez anos o atopamos nos xardíns da Casa Grande de Viloira», explicaba. «Con esta perspectiva que xira en torno á palabra a narración oral, a música tradicional», engadía.
A concelleira valoraba moi positivamente estes dez anos do De Perto, aínda que houbo dous peros. «Foi un éxito rotundo. Ó único día que foi un pouco frouxo foi o mércores pasado que pola calor houbo menos xente, foi unha magoa». «O martes, suspendeuse a actuación dos Furafollas xa que unha indisposición de Anxo Baranga, non permitiu que se puidese celebrar. Recuperarse en canto se poida».

Carolina Rueda foi a encargada de abrir o venres, 1 de xullo, este programa cultural que levou a palabra contada e narrada aos xardíns da Grande de Viloira. Había ganas e así se demostrou co cheo das cadeiras ao pouco de comezar a actuación. O resto do cartel ten como principal protagonista a narración oral con «figuras moi recoñecidas. É un luxo que Carolina Rueda, considerada unha das mellores figuras dentro da narración oral en lingua Española estea aquí», sinalaba Pizcueta na rolda de prensa de presentación do De Perto.

Outros grandes artistas como Pep Bruno, Eugenia Manzanera ou Talía Teatro, quen se encargou de pechar este ciclo o 15 de xullo coa representación de "A parábola de Andazo", obra gañadora do premio María Casares 2022, estiveron nos xardins da Casa Grande.

«O comezo foi estupendo e o remate non se lle pode pedir máis con este humor, moi sarcástico pero moi real. O problema da lingua está aí e non todos queren velo. Un punto de humor para visualizalo. A verdade que todo se ten que ver baixo esta perspectiva. Ademais as novas xeracións necesitan exemplos si poden telos na casa moito mellore se non desde as institucións seguiremos traballando polo menos na defensa da nosa cultura, da nosa lingua, do noso idioma», concluía.
