viernes. 29.03.2024
Recital poético de Fátima Delgado no Ciclo de Perto

Este mércores 6 de xullo, a poeta, actriz e dramaturga, Fátima Delgado, protagonizará o segundo acto  do Recanto Florencio dentro da décima edición do Ciclo de Perto. Será ás 20.30 horas nos xardíns da Casa Grande de Viloira.

Xunto co recital de Anxo Rei celebrado onte, o recital de hoxe de Fátima Delgado completa o Recanto Florencio, voces valdeorresas que se achegan á obra e a vida do autor homenaxeado coas Letras Galegas 2022, dentro do Ciclo de Perto.

Fátima Delgado e a conversa con Florencio

Segundo a información que achega a Concellaría de Cultura e Educación do Concello do Barco a protagonista do Ciclo de Perto de esta tarde, Fátima Delgado é poeta, actriz e dramaturga, licenciada en Filoloxía inglesa, con mestrado en Lingüística (USC).

Participa no V Torneo de dramaturxia de Galicia. Finalista na Residencia Dramática do Centro Dramático Nacional 2020/21. Poeta seleccionada na residencia Ámeto Mítico (2019) da Fundación Uxío Novoneyra. Obtén a Axuda para a creación das artes escénicas da CAM.

somoscomarca_fatimadelgado-otioflorencio2
Conversando con Florencio de poeta a poeta

«Esta peza quere amosar a miña relación persoal coa figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán, quen tamén era o meu parente», subliña Delgado. «Partindo do arquivo familiar das irmás Delgado: cartas e postais que Florencio lles escribía, obxectos especiais e anécdotas que viviron con el, construín esta conferencia documental. A través da correspondencia que o poeta lles enviaba dende México e baseándonos nas súas propias lembranzas coñecemos á persoa detrás do persoeiro, ao ser humano detrás do mito. Achegámonos ao Florencio máis familiar, a ese Florencio galeguista e exiliado, honrado cosa Letras Galegas de 2022. Levarei a cabo unha conversa ficcional con el, de poeta a poeta, de galega na emigración do século XXI a galego no exilio no XX», conclúe.

Recital poético de Fátima Delgado no Ciclo de Perto