viernes. 06.06.2025

As xuventudes socialistas recollen material escolar para familias necesitadas

Ningún estoxo baleiro, ese é o nome que as Xuventudes Socialistas deron á campaña de recollida solidaria de material escolar que presentaron este xoves no Barco. O seu obxectivo é que os veciños fagan doazóns de material escolar como lápices, libretas, etcétera, para axudar ás familias ás que a volta ó colexio se lles fai moi costa arriba. Adrián Borrajo, Secretario Xeral de SXG no Barco, asegurou que coñecen da man de profesores «que hai moitas familias que non poden mercar material escolar para os seus fillos, a crise golpeu moi forte na comarca de Valdeorras» e as políticas da Xunta «non son suficientes».

A campaña consistirá na colocación de caixas para a recollida de material escolar en librarías e supermercados do Barco, Vilamartín e A Rúa, e que despois serán levadas ós centros educativos para que distribúan o material. O coordinador comarcal das Xuventudes Socialistas, Alejandro Fernández, destacou que aínda que lles gustaría chegar a máis Concellos e incluir tamén os libros de texto na recollida, non dispoñen «dos medios nin da loxística para facelo». Engadiu que é unha iniciativa coa que pretenden espertar a solidariedade entre os veciños e que a axuda mutua se convirta «no día a día».

As xuventudes socialistas recollen material escolar para familias necesitadas