domingo. 01.06.2025

Programa especial das Festas do Cristo, «as festas de todos»

Durante case unha hora de conversa, abordáronse diversos temas como o elemento deportivo das festas, a programación cultural e musical, o pregón ou os fogos
somoscomarca_240913_obarco_programacristo655
Programa especial das Festas do Cristo, «as festas de todos».

O ambiente de festa xa pode sentirse este venres 13 de setembro no Barco, no que arrincan de xeito oficial as festas patronais do Cristo. Como é tradición, nesta xornada tocaba dedicar o noso programa de Radio Valdeooras a esta celebración. 

O estudo acolleu a visita do alcalde, Alfredo García; da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta; do concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso; do pregoeiro deste ano José Prada Muradás; e do noso colaborador deportivo, Carlos Julio González. 

Ao longo de máis de 45 minutos de programa fóronse desgranando cada un dos actos destas festas que tanto éxito teñen. Na parte musical destacouse o concerto de Fillas de Cassandra ou a presenza de catro orquestras de nivel, ademais de diferentes charangas e grupos locais. 

En canto ao deporte, as miradas están postas esta fin de semana no Descenso do Sil, que terá tanto a baixada popular como a competitiva, ademais do tradicional tren fluvial. O domingo será a quenda da Milla Urbana —a terceira máis antiga de España— e haberá outras citas como o Madrugón ou o campionato de tiro ao prato. 

Todo acompañado por outras citas como a tirada de fogos tradicional ou a Festa das Pandillas, que este ano contará con 25 grupos. 

Programa especial das Festas do Cristo, «as festas de todos»