jueves. 29.05.2025

«Que faga unha boa noite é o 80% dun espectáculo de fogos artificiais»

Arturo Penide, da Pirotecnia que leva o seu apelido, leva 25 anos achegándose ao Barco nas Festas do Cristo. A cita deste ano será o sábado día 14 ás 22:30 horas no paseo do Malecón
somoscomarca_obarco_festasdocristo_fuegos_2023 (18)
«Que faga unha boa noite é o 80% dun espectáculo de fogos artificiais».

«É un orgullo tirar fogos no Barco, un pracer, porque á xente gústanlle moito. Desfrútaos moitísimo». Arturo Penide está ao fronte da Pirotecnia Penide, e leva xa 25 anos facendo parada no municipio barquense nas Festas do Cristo. «Sempre recibimos un aplauso moi cariñoso cando rematamos o espectáculo, é algo moi emocional».

A tirada deste ano será este sábado 14 de setembro ás 22:30 horas no paseo do Malecón. «Durará 17 minutos, unha das maiores funcións que hai nesa zona». Tiraranse 260 kilos de explosivos, con 32 seccións e cun calibre máximo de 150 milímetros. «Esperemos que faga unha noite boa, porque é o 80% do espectáculo».

Preguntado polas sensibilidades —das que pouco a pouco van impregnando, por exemplo, as redes sociais— como as molestias que poden provocar en cans estes fogos, Penide aboga polo «respeto. Hai medidas paliativas e podemos tentar minimizar os afectos. Ao final son 17 minutos un día ao ano, e tamén hai que ter en conta aos veciños que desfrutan e viven esta tirada».

Pirotecnia Penide ten 104 anos de historia, e Arturo —quen colleu o relevo hai un cuarto de século— explica que traballar neste mundo é «complicado. Dentro de 15 días acabamos a campaña e prácticamente até o mes de maio non teremos fabricación, a non ser de cousiñas pequenas como Nadal, pero pouco máis». 

O que está claro é que esta cita no Barco non é unha cousa pequena e que, dende logo, é moi valorada polos veciños e veciñas. 

Pode escoitar a entrevista completa neste enlace de audio:

«Que faga unha boa noite é o 80% dun espectáculo de fogos artificiais»