viernes. 31.03.2023

Presentación de  «40 anos ao servizo da Galiza»,  en Valdeorras

No marco do 40 aniversario do BNG presentábase, na Biblioteca Municipal do Barco o libro editado pola Fundación Galiza Sempre coa presenza do presidente desta organización
somoscomarca_obarco_biblioteca_presentacion_bng_40anosdegistoria_2022 (6)
Presentación de  «40 anos ao servizo da Galiza»,  en Valdeorras

María González Albert, deputada do BNG no Parlamento galego; Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre; Roberto Quiroga, responsábel comarcal do BNG e Suso Vilasánchez, portavoz municipal do BNG no Concello do Barco presidiron o acto ao que asistían históricos vencellados ao BNG, en Valdeorras

O segundo andar da Biblioteca do Barco acollía o libro asinado por Manuel Anxo Fernández Baz, que recolle os acontecementos  máis destacados da historia do BNG que o pasado 26 de setembro cumpría 40 anos.

somoscomarca_obarco_biblioteca_presentacion_bng_40anosdegistoria_2022 (3)
Roberto Quiroga, Maria G. Albert, Rubén Cela e Suso Vilasánchez

Máis de 400 fotografía, algunha delas inéditas, na que Valdeorras está presente nalgunha delas tal como significou Álbert «hai xente da comarca».

somoscomarca_obarco_biblioteca_presentacion_bng_40anosdegistoria_2022 (2)
Asistentes ao acto de «40 anos ao servizo da Galiza»

O libro 40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022, editado por la Fundación Galiza Sempre contou coa presenza do presidente desta formación, Rubén Cela, quen destacou: «Estamos a celebrar por todo o país que en setembro de 1982 nacía no Frontón da Coruña o Bloque Nacionalista Galego. E, é evidente ca historia dun país é un suspiro, pero 40 anos para unha organización política é moito tempo». « A Través dun libro coma este estamos a recoller e sintetizar o que foron 40 anos de traballo, 40 anos de loita e poñelo en valor co conxunto da militancia e simpatizantes do por todo o país»,  salientou.

Pola súa banda, Suso Vilasánchez —quen tomou a palabra en primeiro lugar—, despois de agradecer a presenza dos asistentes e presentar aos intervintes,  destacou as verbas dun psicólogo alemán, «Un longo pasado e unha breve historia» que lle  fixeron de fío condutor a súa intervención. «Isto  —referíndose ao libro 40 anos ao servizo da Galiza que sostiña nas mans é a historia do BNG desde vai 40 anos. É unha historia breve?, non o sabemos. O pasado é moito máis longo», subliñaba, e partir de aí coa súa elegante e fina ironía fixo un repaso polos acontecementos que se poden ver no seguinte vídeo.

O 26 de setembro de 1982, no Frontón de Riazor na Coruña, fundouse o Bloque Nacionalista Galego. En conmemoración desa data, sae a luz este libro na que a través de imaxes e textos amosase o pasado para entender o pasado e o presente do nacionalismo galego.

somoscomarca_obarco_biblioteca_presentacion_bng_40anosdegistoria_2022 (5)
O protagonista,  40 anos ao servizo da Galiza

Presentación de  «40 anos ao servizo da Galiza»,  en Valdeorras