viernes. 06.06.2025

O polígono industrial de O Barco conta xa con servizo de Internet

portada

O polígono industrial de O Barco está xa conectado ás redes de última xeración da empresa galega R, que lles permitirán ás empresas situadas neste recinto acadar megavelocidades de acceso á rede e a diversos servizos tecnolóxicos de valor engadido.

As empresas destas superficies empresariais poden contratar xa servizos de Internet por fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas. Os accesos ultrarrápidos á rede representan un paso substancial para as empresas galegas á hora de competir en mercados de dentro e fóra de Galicia.  Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0 relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros. Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa.

O operador galego R é o adxudicatario da primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, impulsado pola AMTEGA para dotar de acceso a internet ultrarrápido a 81 polígonos da comunidade que a día de hoxe non dispoñen destes servizos.

O polígono industrial de O Barco conta xa con servizo de Internet