miércoles 8/12/21

O Botelo do Barco é “O pai de todos os botelos”. Así reza o cartel conmemorativo da XVIII edición da Festa, “un diseño rompedor que fai un guiño ao éxito da saga da Guerra das Galaxias”, película coa que O Barco estreou o pasado día 22 de decembro, a posta en marcha do cine comercial na vila. Así o explica a concelleira de Cultura do Concello, Margarida Pizcueta, quen anuncia a Jose María Rodríguez, presidente do Cine-Clube Groucho Marx, coma pregoeiro desta edición, e a Manola Parra, elexida para a mención de honra, “unha persoa moi vencellada á gastronomía”, explica.

As 1.150 entradas postas a disposición para o evento, que terá lugar os días 20 e 21 de xaneiro, poranse á venda o sábado día 13 pola tarde. A razón, conta Pizcueta, “as moitas peticións que recibimos de xente que, por motivos laborais, non puido facer cola un día de diario noutras edicións”. Este ano os interesados deberán achegarse ao terceiro andar do Concello a recollelas, unha mellor opción “no caso de que chova ou faga frío, así a xente poderá refuxiarse no interior ou na marquesina exterior do edificio”. Nesta edición marcouse un límite de 10 entradas por persoa.

A hora de comezo da venda das entradas anunciarase o vindeiro 9 de xaneiro, momento no que tamén se fará público o programa de actividades. Éstas levaranse a cabo durante toda a fin de semana, “para extender a festa ás rúas e os establecementos hosteleiros do pobo”, explica o alcalde, Alfredo García. Quere o primeiro edil do Concello que a xente se anime a “degustar os pratos que ofertan os restaurantes porque alí tamén lles ofrecerán un botelo da mesma calidade”.

Con esta intención o Concello decide este ano “non facerlle competencia aos establecementos hosteleiros”, e incrementa o prezo en tres euros máis con respecto ao do ano pasado. 18 euros custará a entrada ao pavillón de Calabagueiros que albergará unha festa que quere ser xeradora de riqueza para Valdeorras.

O pai de todos os botelos