
O concello do Barco solicita aos donos dos cans que cumplan coa recollida de heces

O Concello do Barco ten detectado que bastantes donos de cans aproveitan a pouca afluencia de persoas nas rúas, neste estado de alarma, para "olvidarse" de recoller as cacas das súas mascotas. Tamén se ten advertido que hai persoas que tirar o chan as luvas que utilizan para facer a compra ou outras actividades. «É preciso que a veciñanza cumpla coas súas obrigas neste senso», di o alcalde, Alfredo García, «porque se non logramos ter unha certa disciplina cidadana neste sentido, non conseguiremoso obxectivo que temos todos, e que é acabar cos contaxios do Covid».
Segundo aseguran desde o concello, esta actitude resulta absolutamente irresponsable, especialmente tendo enconta que, nesta situación, todos debemos colaborar para evitar, na medida do posible, que se rexistren contaxios entre a poboación do Barco. Mentres os donos dos cans son, agora mesmo, uns privilexiados que poden saír á rúa varias veces ao día para que as súas mascotas podan facer as súas necesidades, os empregados dos servizos de limpeza, obrigados a traballar porque son de primeira necesidade, teñen que retirar grandes cantidades de excrementos de cans. E o resto dos veciños que deben traballar o saír de forma obrigada teñen que soportar a falta de responsabilidade de algúns donos de cans.
Esta actitude, continúa a declaración, irresponsable e absolutamente insolidaria co resto dos veciños está prexudicándonos a todos. Por elo, volvese a recordar queoscans poden saír á rúa, preto do domicilio dos donos, o tempo necesario para que fagan as súas necesidades. Deben saír con correa, e é obrigatorio que os donos recollan os excrementos e que os depositen nos contedores de lixo.Lembrase tamén que a normativa establece sancións para aqueles que incumpran con elo. Tamén, no caso das luvas, deben de positarse nos contedores de lixo, xa que de pouco sirve que se usen estes sistemas de protección, para logo contaminar as rúas ao tiralos o chan.