viernes. 19.04.2024

A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras xunto co Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, convoca mobilizacións en defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións.

Todos os luns do mes de outubro ás 12:00 horas, na praza do concello de O Barco, os pensionistas e xubilados de Valdeorras realizarán concentracións. A primeira será hoxe, 8 de outubro, baixo o lema en defensa do «Sistema público de pensións, hoxe, mañá e sempre» e por unhas pensións dignas.

Os convocantes chaman a participar a toda a cidadanía da comarca de Valdeorras nestas mobilizacións xa que, sengundo CCOO, o que está en xogo é a viabilidade do sistema público de pensións, pois o compromiso de actualización das pensión conforme ao IPC, acadado no Pacto de Toledo, non é bastante. É imprescindible lograr o equilibrio financieiro do sistema, de tal xeito que se garantan unhas pensións públicas dignas, hoxe e no futuro. Fan un chamamento especial á xuventude xa que, segundo este sindicato, é o colectivo que se vai ver mais afectado do xeito en que se sosteña o actual sistema público de pensións. CCOO considera que é urxente abordar a evolución demográfica e a chegada de moitísimas persoas á xubilación á que teñen dereito. Son precisos acordos que reforcen a estrutura de ingresos, con mais ingresos por cotizacións e con mais aportacións do estado.

Desde CCOO enténdese que coas medidas anunciadas sobre incrementos nas pensións mínimas, viuvez e actualización das percepcións conforme ao IPC, amósase que a presión e mobilización social, sempre da os seu froitos. Por isto, animan a continuar nas rúas as protestas ata conseguir que as persoas estean por riba dos intereses economicistas.

Mobilizacións no Barco en defensa das pensións