viernes. 29.03.2024

Ano tras ano Raúl segue a incorporar novos módulos ao Belén de Louxa que por estas datas abre as súas portas nas antigas escolas de Éntoma (O Barco). A Raúl a cabeza non lle para e ademais de incorporar a igrexa de San Xoán de Éntoma — cos seus gravados e inscripcións— tamén incorporou a árbores das aixadas e a ponte sobre o río galir coa réplica dos peregrinos realizados por el mesmo tamén en pizarra. Ás frechas que marcan o Camiño de Inverno e até un peregrino, Adriano, «amigo peregrino italiano que me visita cada uno, dúas ou tres veces cando ven a facer o camiño de inverno».

Este ano Raúl ten axudante, outro louxeiro coma el, Pablo Blanco, que cando visitamos o belén estaba a todo pintar as letras onde se colgarán as pezas de louxa coas dedicatorias.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (21)
Pablo, louxeiro coma Raúl, axudando nos preparativos

Este módulo súmase ao anterior no que o protagonista foi o castelo de Arnado que desde hai un tempo é propiedade da familia López Moral —Roandi—  e en cuxos arredores Divi e Rogelio xunto ao seu fillo José Luís van facer unha extensa plantación.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (18)

O primeiro módulo lévanos a ver un pouco o máis significativo da aldea de Raúl, de Éntoma. O tren, o río Sil, as tres pontes, a capela da Virxe de Galir, os bancais de viñedo, as dúas adegas —Roandi e Virxen de Galir—, as casas dos louxeiros —porque si algo é Éntoma, é terra de louxeiros que traballaron en Alemaña, Francia, Suíza..., e de alí trouxeron ideas para construílas—.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (16)
Escena da romaría da Virxe de Galir

E como persoa que estivo e está adicado á pizarra e a súa Éntomanon podía faltar unha canteira. O camión botando os restos de  rocha pola escombreira, os palés de louxa, o tunel da mina, a serra, o labrador e, coma non, o louxeiro.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (17)
Canteira de pizarra onde se atopa un louxeiro

Outro dos módulos achéganos a unha adega «gracias a idea dun amigo que me dixo, agora xa hai dúas en éntoma, hai que facer unha, non?». E non lle falta de nada, cubetos, embotelladora e ata un emparrado coas súas uvas.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (8)
Vista do módulo da adega desde debaixo do emparrado

Da adega pásase a un nacemento con todas as figuras feitas en pizarra, claro está. E de alí á festa: procesión da Virxe de Galir indo cara a súa capela, a orquestra, a xente bailando, o que tira as bombas, o pulpeiro, as parrillas..., «un pouqiño o que é a festa».

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (13)

Hai outros módulos que «non representan a Éntoma en ningún caso», e que Raúl nalgún momento construíu con animais, casiñas, zonas de lecer para os nenos, unha fonte dos desexos, un  aserradeiro,  a fonte e a poza que hai preto do Galir, unha fortaleza e infinidade de figuras que saíron das mans de Raúl.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (19)
Fonte perto do Galir, na zona que vai cara a Veiga de Cascallá

Ademais este ano as escolas están ben pintadiñas grazas á asociación de montes e ao Concello do Barco e das súas paredes colgan os equipos de fútbol de diferentes tempadas, programas de festas e algún que outro recordo.

somoscomarca_entoma-navidad_belendelouxa_belenderaul_2022 (3)

O Belén de Louxa estará aberta até o 11 de xaneiro, sábados, domingos e festivos de 12.00 a 20.00 horas e polo diario de 17.00 a 20.00 horas. «e, se alguén que velo despois desas horas ten que chamarme, e punto. Eu non vivo lexos».

A igrexa de San Xoán de Éntoma incorpórase ao Belén de Louxa de Raúl