
Esta semana rematan as obras da escollera do Malecón

A Concellería de Obras de O Barco, encargada dos traballos da zona da escollera situada debaixo da Praza Maior, está a piques de rematar as obras de habilitación dunha zona de céspede que poidan utilizar os veciños.
A zona da escollera foi susceptible de varios proxectos que non remataron de funcionar. Finalmente levouse acabo o aprobado por Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHDMS), que consistiu en botar entre 20 e 30 centímetros de terra vexetal que cubrise as pedras, para plantar logo céspede e dotalo dun sistema de rego para manter a zona verde durante todo o ano.
Esta obra terá un mantemento e limpeza máis dificultosos que as plantexadas en proxectos anteriores, pero fará habitable esta área ata agora en desuso. “Es una zona que está muy bien, orientada al sur y que se puede utilizar también en invierno, ya que es muy recogida”, explica el alcalde de O Barco, Alfredo García.
O rexedor espera que lle outorguen de novo o obradoiro de emprego “no tengo ninguna duda de que nos lo darán”, para construír tamén unha rampla de acceso para que os veciños poidan baixar e gozar da nova zona do Malecón.
Esta obra poñerá fin ao programa de recuperación do río levado a cabo polo concello barquense. Agora, só queda estender a terra vexetal coa que se cubriron as pedras, poñer o sistema de rego e sementar o céspede. Dende o concello aseguran que a os traballos quedarán rematados ao final desta semana.