
Educar dende a emoción no CEIP Condesa de Fenosa

O CEIP Condesa de Fenosa ten moitos frentes abertos neste curso que acaba de comezar. Un dos máis destacados, segundo conta o director Paco Pérez, é o reto da educación por proxectos, “que parta dos intereses dos chavales, é dicir, se lles gustan os dinosaurios, pois facemos un proxecto sobre dinosaurios, e dende él se traballan todas as outras materias, matemáticas, historia, bioloxía, etc.”. Desta forma conseguimos que o rapaz esté emocionado co que está investigando, así é cando realmente aprende”, puntualiza.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/10/somoscomarca_obarco_educacion_condesafenosa_2017_10_25-4.jpg"]
Esta nova forma de ensino basada no desenrolo do talento é a proposta do plan piloto de formación de profesorado PITEAS basado na metodoloxía SEM (en inglés, Schoolwide Enrichment Model) que pretende cambiar a forma de aprender en Galicia. O colexio Condesa de Fenosa foi un dos centros propostos para formar parte deste plan, feito do que están tremendamente orgullosos “porque é un recoñecemento á cantidade de proxectos que se fan no centro”.
Outro dos aspectos importantes é a difusión que se fai dos proxectos, “os rapaces teñen que ver que hai un producto final e un resultado; esa é a filosofía do enriquecemento curricular”. Para elo teñen unha páxina web moi traballada, onde se expoñen todas as cousas que fan no centro".
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/10/somoscomarca_obarco_educacion_condesafenosa_2017_10_25-3.jpg"]
Inmersos nunha reforma integral da súa coñecida biblioteca, queren agora reconvertila nun centro de recursos de documentación e de investigación. Explica Xoaquín, xefe de estudios, que o obxectivo é “facer a biblioteca máis inclusiva, con indicacións para saber as temáticas dos libros e que calquera que veña poda identificalos e ter un acceso máis autónomo”. Ademáis, o seu fin é que “os alumnos estén preparados para sair a calqueira biblioteca do mundo e non perderse nela”.
As novas tecnoloxías tamén forman parte da reforma “temos unha pizarra dixital, estamos á espera de recibir unha pantalla 'multitouch' para o traballo cooperativo, temos un panel de Lego para crear deseños e estamos no proxecto Escornabots na biblioteca escolar”, no que os robots son os protagonistas.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/10/somoscomarca_obarco_educacion_condesafenosa_2017_10_25-1.jpg"]
Veñen de facer ademáis unha grande espurga de exemplares antiguos, “dos que estaban máis usados, tiñamos 16.000 exemplares e agora quedámonos con 12.000. Os que estaban peor os eliminamos porque tamén queremos que os libros sexan un atractivo para os nenos”.
E vaia que si son un atractivo, así o transmiten Alex, Miguel, Xián e Manuel, nenos de 3º de primaria que lles encanta ir á biblioteca a ler libros de ordenadores e de dinosaurios.