viernes. 06.06.2025

Desaloxada unha gardería por un escape de gas en O Barco

portada

 

Esta mañá, arredor das 8:40 horas, un escape de gas na rúa Avenida Deputación número 75, preto da zona Veiga de Cabo, de O Barco, poñía en alerta aos bombeiros de Valdeorras.

A policía local cortou o acceso á rúa e evacuou unha gardería que se atopa preto da zona, onde nese momento había uns quince nenos, que non sufriron dano algún. Estase valorando o realoxo dos meniños ou ben na ludoteca, ou na biblioteca municipal. Para máis información poñerse en contacto coa gardería.

Foi precisamente un pai o que, ao levar o neno á guardería, alertou de que un forte olor a gas inundaba o ambiente.

Tres dotacións de bombeiros do Parque de Valdeorras, a Policía Local e os GES de Valdeorras achegáronse ao lugar, e determinaron que o suceso vén dado pola rotura de unha tubería, probablemente a causa das obras que alí se están a realizar.

O gas está cortado, pero aínda queda gas residual no ambiente. Os bombeiros seguen traballando para que a zona quede limpa de gas nun tempo aproximado de unha hora.

Desaloxada unha gardería por un escape de gas en O Barco