viernes. 06.06.2025

O Concello de O Barco avoga pola creatividade dos veciños

portada

A Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán -en vista do bo traballo realizado polos máis pequenos da vila nos contos presentados en pasados concursos-, convida aos nenos e nenas de entre 10 e 12 anos a un Obradoiro de Escrita Creativa. Celebrarase os vindeiros días sábado 22 e domingo 23 de abril en horario de 11:00 a 12:00 da mañá.

Este espazo, que busca novos pequenos escritores, fomentará a creatividade e potenciará as capacidades artísticas dos rapaces a través da análise de obras de arte de disciplinas como o cine, a pintura, a música... Trátase de amosar novos modelos de ensino e linguaxe literaria.

Formarase un grupo pequeno de traballo de 15 cativos. O período de inscrición para participar neste obradoiro xa está aberto.

O Concello conta tamén cos veciños da localidade  para que leven a cabo unha labor de concienciación social a través das redes sociais. O Reto "#OBarcodeVerde" é un corcurso de sensibilización ambiental co que se pretende que os cidadáns de O Barco participen na campaña posta en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente.

Trátase dun concurso de fotografía e vídeo a través de Facebook e Twitter, nas que todos aqueles que o desexen poidan colgar unha imaxe ou vídeo no que se mostre unha boa práctica medioambiental, como por exemplo, o uso dunha bicicleta para ir ao traballo en lugar do coche, reciclaxe doméstico, etc.

Para poder participarar será necesario etiquetar na publicación ao Concello de O Barco/Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras (en Facebook) ou @ConcellodoBarco (Twitter) e incluir o hashtag #OBarcodeVerde.

As Bases do concurso, no que se sorteará unha cámara dixital acuática, recolle que os participantes deben estar empadroados en O Barco, seguir ao concello en Facebook e/ou Twitter, adecuar os contidos á temática medioambiental e subir unha soa publicación na que as fotos ou vídeos sexan realizados no municipio de O Barco. O premio será para o autor/a da imaxe ou vídeo que máis veces sexa compartida en Facebook ou retwitteada.

O Concello de O Barco avoga pola creatividade dos veciños