lunes. 23.06.2025

BNG e CIG protestan contra a subida do prezo da luz no Barco

O acto estivo respaldado por unha veintena de persoas que se uniron a queima simbólica de facturas da luz. CIG e BNG convocaron diferentes actos de protesta por toda a comunidade galega
somoscomarca_concentracion_protesta_luz_cig_bng_obarco_2021_10_03

Este domingo a praza do Concello do Barco acolleu un acto de protesta convocado polo Bloque Nacionalista Galego máis a Confederación Intersindical Galega pola suba exponencial dos prezos da luz. O acto estivo respaldado por unha veintena de veciños.

O edil do BNG no Barco, Suso Vilasánchez, foi o encargado de falar sobre os motivos das subidas da tarifa eléctrica. O concelleiro salientou que o 14 de setembro do 2020 o prezo do megawatio hora, era de 43 euros. Un ano despois superaba os 150, mentres que a finais deste mes chegou a superar a barreira dos 210.

A pesar de que España e máis concretamente Galicia, son grandes productores de enerxía, isto non se ve reflexado. Vilasánchez detallou que as politicas tanto da Xunta de Galicia como as das compañías eléctricas prexudican os intereses dos propios veciños da comunidade.

En 10 anos, moitas concesións das encoros construidos entre os anos 50 e 60 rematan. Por elo dende o BNG piden unha compañía eléctrica galega como ocorre por exemplo en Euskadi. O concelleiro barquense non olvida que en outros paises da contorna, como Austria existen compañías públicas adicadas a enerxía.

Dende a CIG foron os encargados de realizar a queima simbólica de facturas que apoiaron todos os asistentes.

BNG e CIG protestan contra a subida do prezo da luz no Barco