
O Barco segue traballando nun espazo para as caravanas das festas

A Asociación de Veciños de Calabagueiros reuníase, fai varias semanas, co Concello para expoñer unha batería de medidas que consideraban necesarias na zona de Calabagueiros, encabezada polo traslado das caravanas e remolques dos feirantes a outro punto de O Barco onde non obstruísen o tráfico nin o transporte escolar.
O equipo de goberno municipal dirixido polo socialista Alfredo García, tomou consideración de dita petición e comezou a traballar no acondicionamento dunha zona máis afastada na que poidan instalarse os feirantes sen molestar aos veciños. Elixiuse, para este fin, acondicionar a explanada do outro lado do Arroyo Mariñán.
A explanación xa está lista, así como tamén o camiño de acceso. O Concello traballa agora no abastecemento de luz e auga. "El electricista ya ha encargado los postes y cuando la luz esté lista arreglaremos con el Consorcio el abastecimiento de agua", explica el alcalde.
O Concelleiro de Obras, Miguel Neira, xa mantivo unha primeira reunión co Consorcio para valorar os traballos de saneamento da zona. Ademais, García sinalou que se instalarán enchufes para prover aos feirantes de luz durante os días que estean en O Barco. O alcalde asegurou que todo estará listo para as vindeiras festas de Santa Rita, que se celebrarán no mes de maio. "Veremos cómo funciona, conscientes de que habrá fallos que intentaremos solventar para las Fiestas del Cristo".
Dende a Asociación de Veciños de Calabagueiros, o seu presidente, Manuel Gómez, afirmou que están contentos co inicio das obras, pero insistiu en que aínda queda moito por facer, como pintar a rúa Regueiral, arranxar os camiños do Xardín Botánico, ou dotar de máis prazas de aparcamento para minusválidos o centro de saúde; á vez que criticaban que a explanada habilitada para os feirantes non se cubrise con zahora xa que consideran que coa choiva "será un barrizal".
Gómez tamén recoñeceu que o grupo municipal solucionou varias das súas peticións "Notamos varios detalles que nos alegran, porque vemos que el Concello se ha ocupado de ellos, como la reparación de una pequeña fuente, la instalación de algunas papeleras, la limpieza del entorno de las piscinas... se ve que se hizo algo".
A Asociación de Veciños esperará a que pasen as festas para ver cómo funciona a nova localización das caravanas dos feirantes e logo volverá a reunirse co Concello.