
O Barco proba a sinal acústica das sereas instaladas na Presa de Pumares

Os veciños de O Barco de Valdeorras e arredores escoitarán este xoves diversas sinais acústicas das que non deben preocuparse. Trátase de varias probas de alcance sonoro das sereas que a empresa Iberdrola está a implantar seguindo o Plan de Emerxencia da Presa de Pumares, en cumprimento da directriz básica de planificación de Protección Civil ante o risco de inundacións.
Por ese motivo é preciso realizar diversas probas de sonorización que foron programadas para o mediodía deste xoves 6 de xullo a partires das 12:00 horas. Así o anunciou o Concello de O Barco de Valdeorras nun bando difundido pola localidade.
Trátase de sinais acústicas de dous segundos de duración, separadas por silencios de tres segundos e cunha duración total de ata 30 segundos. As poboacións que se verán afectadas por esatas probas de alcance sonoro son Éntoma, Coedo, Viloira e O Barco. As probas quedarán rematadas arredor das 14:00 horas deste xoves 6 de xullo.
Malia que as sinais acústicas escoitadas hoxe son simplemente probas, estes avisos sonoros axudarán a evacuación tras un posible risco de inundación inminente provinte da Presa de Pumares.