
O Barco pide a CHMS que limpe as ladeiras do Sil

A vexetación existente en certas zonas do río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras preocupa ao alcalde da localidade, Alfredo García, que xa trasladou a petición que fai anualmente á Confederación Hidrográfica do Miño Sil para limpar as ladeiras do río.
O rexedor barquense recoñece que hai zonas que xa se foron arranxando, pero outras, como a área que abarca dende o Salgueiral ata o Polígono de A Raña, seguen a ser un perigo xa que a intensa vexetación frea a canle do río e favorece que este se desborde. “Hay un bosque de chopos, fundamentalmente, que frenan la velocidad de la corriente y detiene los restos que trae el río, formando una especie de presa que hace subir el agua hasta desbordar el río”, explica o alcalde.
Dende o concello piden que se fagan labores preventivas para evitar que o río se desborde tan a miúdo. “Si eso estuviese limpio, habría un margen importante para evitar desbordamientos”.
Ademais, García afirma que o concello cumpre coas súas obrigas de contratar persoal para limpar as zonas urbanas que xa foron arranxadas por Confederación, pero asegura que “el río es de quien es” e que a pesar de pedir permisos, “a nosotros no se nos dejan hacer nada”.
Ata o de agora o concello barquense non recibiu resposta, aínda que o primeiro edil recoñece que “esto lleva su tiempo”, á vez que sinala que o custe pode ser pequeno “en la medida que se rentabilice el valor de la madera de los chopos que se retiren”.
García asegura que estarían satisfeitos con que estivese listo para outono, aínda que non confían en que finalmente se leven a cabo estas labores preventivas.