sábado. 07.06.2025

O Barco homenaxea a Gustavo Gómez Novoa, da UDP

portada

O Multiusos do Concello de O Barco acolleu hoxe un acto homenaxe ao ex presidente da Unión Democrática de Pensionistas (UDP) de Valdeorras, Gustavo Gómez Novoa (Tavín, como he coñecido na localidade), recoñecendo a súa labor e empeño nesta entidade durante máis de 20 anos. Esta asociación dedicase a apoiar a persoas maiores a través de distintos programas de ocio e tempo libre.

O presidente da UDP estatal, Satur Álvarez, fíxolle entrega dunha insignia de ouro da entidade, que o galardoado recibiu visiblemente emocionado. "Solamente te voy a decir tres palabras: gracias, gracias y gracias. Gracias por tus más de 20 años de dedicación a la UDP por tu labor social que sé que has hecho en toda la comarca". Así de agradecido se mostraba Álvarez, que recordou tamén a gran labor que Gómez Novoa fixo co voluntariado, creando máis de 15 asociacións.

A continuación tomou a palabra o alcalde de O Barco, Alfredo García, que volveu a recoñecer e agradecer o traballo e o tempo que Gómez dedicou á asociación. "Es una persona escepcional que ha dedicado su vida a los demás y que lleva 20 años moviendo esta asociación, que no funciona sóla, sino que es activa cuando hay alguien que se lo toma como algo personal y que dedica su tiempo a que esta asociación funcione". E rematou a súa intervención imitando ao seu predecesor: "gracias, gracias y gracias".

Gustavo Gómez Novoa respondeu agradecido a este recoñecemento, e confesou que "creo que cumplí con mi misión, con mi deber y con mi condición de barquense. Os llevo a todos conmigo. Muchas gracias".

O Barco homenaxea a Gustavo Gómez Novoa, da UDP