sábado. 14.06.2025

O Barco crea unha praza de adxunto de secretaría e suprime as de administrativo e cámara

portada

O Concello de O Barco celebra esta tarde un pleno extraordinario dedicado en exclusiva a debater presupostos e temas económicos. Os demais temas ditaminados a ir a pleno pospoñeranse ata o próximo pleno ordinario de abril.

O primeiro punto do día terá que ver coa modificación do plantel municipal. O concello creará unha praza de adxunto de secretaría para "darle a intervención y secretaría la misma estructura", segundo recoñeceu o alcalde, Alfredo García. A praza será cuberta por unha habilitada nacional.

Pero para a creación dese novo posto de traballo será necesario a supresión de outros dous, que están vacantes na actualidade. "Lógicamente tenemos que equilibrar las cuentas", sinala o rexedor. Por un lado, desaparecerá o posto de auxiliar administrativo do propio departamento de secretaría, e por outro, a praza de cámara da casa da cultura, que o concello considera innecesaria.

Os demais puntos do día céntranse nos presupostos. O Barco creará un crédito extraordinario para pagar todas as facturas do 2016 que entraron en xaneiro do 2017, que non se poden pagar con cargo de forma ordinaria, xa que o exercicio está cerrado. Para crear este fondo, o concello botará man do remanente, que ascende a 755.000 euros, do cal necesitarán uns 380.000.

A aprobación dos presuposto do 2017 tamén está na orde do día. Teñen un importe de aproximadamente 8,5 millóns de euros, superando a cantidade do ano pasado, o cal implica que aumentará a inversión. "Están hechos para resolver los problemas de los vecinos de O Barco. Mantendremos servicios, ayudas y todos los programas que estábamos haciendo. Son unos presupuestos razonables y rigurosos", explicó García.

O concello de O Barco volveu a reduciu a deuda un ano máis. Atópase no 12.5% da capacidade de endeudamento, cando as administracións poden chegar legalmente ao 75% de deuda, un dato moi positivo para a entidade.

Con todo, O Barco incumpriu a regra de gasto, situación que o alcalde atribúe a que "el año pasado tiramos mucho del remanente que teníamos y eso solo es gasto, no da ingresos, por lo que desequilibramos la regla del gasto".

No pleno desta tarde debatirase tamén o plan económico-financeiro desenvolvido pola interventora municipal.

O Barco crea unha praza de adxunto de secretaría e suprime as de administrativo e cámara