viernes. 06.06.2025

O Barco celebra o pleno ordinario do mes de abril

Como os primeiros xoves de cada mes, hoxe celébrase o pleno ordinario do mes de abril en O Barco de Valdeorras. O Concello convocou a sesión ordinaria para esta tarde ás 19:00 horas na que se contemplan tres puntos principais na orde do día, varios deles referidos ao tema económico.

Por un lado, o alcalde, Alfredo García, poñerá enriba da mesa os nomes recollidos na consulta popular pola Concellaría de Cultura e Educación para a Rúa do Bailarín, situada no acceso ás Casas Baratas, a Praza do Sagrado, situada detrás da igrexa de San Mauro e a Praza de Clara Campoamor, ubicada diante do edificio xudicial da vila.

O segundo punto do día ten a ver coa corrección do erro rexistrado no Padrón de Habitantes relativo ao Barrio de Pacios, en Xagoaza. "Por alguna razón que nadie me supo decir pasó a llamarse Pacio en la documentación oficial del Padrón, lo que ha creado un problema a una vecina que nos avisó del error", explicou o rexedor.

Os demais puntos da orde do día teñen que ver coas dacións de contas, onde se debaterá a liquidación do orzamento do pasado exercicio. García levará tamén ao pleno unha bonificación do ICIO solicitada por unha veciña de O Barco.

O Barco celebra o pleno ordinario do mes de abril