miércoles. 04.06.2025

O Barco aproba as expropiacións do "Camiño de Arnado" para reparar o vial

portada

 

O pleno ordinario do concello de O Barco aprobou, por unanimidade, empezar o proceso de expropiación dos bens e dereitos necesarios para reparar e ampliar o vial entre a estrada de Santigoso e o Camiño de Arnado, en Viloira, así como a partida presupostaria para este fin, que ascende a 3.222 euros.

Malia o acordo da oposicións, Riada Cidadá matizou que "cremos que se queda corto, xa que hai que reparalo, transformémolo nunha estrada decente". Dende o Partido Popular, consideraron que esta obra xa se tiña que ter feito con anterioridade, xa que así evitaríanse os tráxicos accidentes que houbo na zona.

Na sesión plenaria acordouse, tamén por unanimidade, bonificar a ampliación do patio do CEIP Ramón Otero Pedrayo, de Viloira. O voceiro de Riada, Félix García, recordou, neste punto, na petición dun pavillón para o centro educativo Julio Gurriarán, considerando que "é este un bo momento para insistirlle á Consellería que poña solución a esta necesidade que teñen os nenos de O Barco".

Debatiuse tamén unha moción de Riada dirixida a apremar á Xunta para a creación dun centro público de atención a persoas con diversidade funcional en Ourense, do que se beneficiarían, cando menos, 5 rapaces da comarca de Valdeorras.

No marco deste tema, Aurentino Alonso, tenente alcalde, expuxo de novo a loita da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras, Asfaval, por un centro asistencial cunhas dez prazas de financiación pública alegando que tamén se debería poñer en coñecemento da Xunta de Galicia.

Coa abstención do PP, que alegou que o Goberno galego xa está traballando na construción de dito centro en Ourense, a moción saíu adiante con dez votos a favor e cinco abstencións populares.

O Barco aproba as expropiacións do "Camiño de Arnado" para reparar o vial