
Un apagón enerxético para loitar contra o Cambio Climático

A Concellería de Medio Ambiente O Barco, dirixida por Diana Urdangaray, presentou a nova campaña de sensibilización ambiental dirixida á eficiencia enerxética.
Urdangaray anunciou a supresión da semana ambiental e da semana da mobilidade, substituíndoas por esta campaña de sensibilización ambiental, e por outra de reciclaxe que se presentará proximamente e que terán como protagonistas ao nenos e nenas de colexios e institutos barquenses.
O obxectivo desta campaña é concienciar aos máis pequenos da relevancia da eficiencia enerxética a favor do cambio climático, promover a inclusión das novas xeracións na sostenibilidade, fomentar o traballo en equipo e incluír os TICs como ferramentas educativas.
A primeira actividade que se levará a cabo coincidirá coa conmemoración do día da eficiencia enerxética, o vindeiro domingo 5 de marzo. O luns, os colexios e institutos celebrarán un apagón enerxético de 5 minutos de duración, que terá lugar as 11:00 da mañá.
Dende as distintas concellerías do servicio municipal, pretende estenderse esta actividade para que sexa xeneralizada e se leve a cabo entre comercios, conservatorio, escola de música, bibliotecas, pavillóns municipais... Así, tamén o luns ás 20:00 horas terá lugar outro apagón de 5 minutos de duración, esta vez xeneralizado. "Cantos máis se xunten mellor. Dende aquí queremos avisar a todos para que se unan a este apagón", a concelleira de Medio Ambiente, Diana Urdangaray, facía este chamamento en rolda de prensa.
Outras das actividades que forman parte desta campaña son, por exemplo, o cálculo da pegada ecolóxica ou a formación do detective eficiente, que se levará a cabo en institutos e colexios para detectar problemas de funcionamento en dispositivos electrónicos, promovendo un bo uso dos mesmos.
A Concellaría de Medio Ambiente recuperará tamén a Feira do Sol, una exposición sobre todo o que se pode facer con enerxía solar, que xa tivo lugar en O Barco fai case unha década. Será a finales de maio, nunha data que determinará o propio sol, xa que é imprescindible a súa presenza para a realización destas actividades. O lugar escollido será a Praza do Concello.