viernes. 27.03.2026

O alumnado valdeorrés achégase á historia do volframio na exposición do IEV

Os centros educativos da comarca participan activamente na mostra “O volframio, entre a traxedia e o romanticismo”, aberta ata o 1 de abril no Barco
IESLauroOlmo5

O Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) quixo poñer en valor a implicación dos centros educativos da comarca na exposición “O volframio, entre a traxedia e o romanticismo”, que se pode visitar estes días na Sala de Exposicións ABANCA do Barco de Valdeorras ata o vindeiro 1 de abril.

A mostra, que afonda no papel de Valdeorras durante os conflitos bélicos a través da explotación do volframio, está a espertar un notable interese entre o alumnado, que está a participar activamente nas visitas organizadas.

IESMartaguisela
Alumnado do IES Martaguisela

Así, na xornada do mércores, 25 de marzo, foron os alumnos de 4º da ESO do IES Lauro Olmo, acompañados polo seu profesorado, quen tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man esta parte da historia da comarca.

IESLauroOlmo1
Alumnado IES Lauro Olmo

O xoves, foi a quenda do alumnado de 1º de Bacharelato do IES Martaguisela, así como dos estudantes de 4º da ESO do Colexio Divina Pastora, que tamén se achegaron ata a sala de exposicións para descubrir os contidos da mostra.

DivinaPastora1
Alumnado Colexio Divina Pastora

O venres, 27 de marzo, pecha este ciclo de visitas os alumnos e mestres de 3º e 4º da ESO do IES de Sobradelo, continuando así cunha iniciativa que está a permitir achegar a historia local ás novas xeracións.

DivinaPastora11
Julio Pérez explicándolle ao colexiales do Divina Pastora o funcionamento da mina

Desde o Instituto de Estudios Valdeorreses destacan a importancia de contar coa participación dos centros educativos, xa que contribúe a reforzar o coñecemento do pasado da comarca entre a mocidade e a manter viva a memoria colectiva dun período clave da súa historia.

IESLauroOlmo13
O profesor do Divina Pastora indicando aos alumnos como funciona un dos mecanismos da exposición
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

O alumnado valdeorrés achégase á historia do volframio na exposición do IEV