Ás 11:00 da maña presentábase na sala de Xuntas do Pazo Provincial de Ourense o 9º Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que terá lugar en Manzaneda os días 28 e 29 deste mes de xullo. A rolda de prensa contaba coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; ademáis da xefa territorial de Cultura, Luz Fernández; o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez; o director de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Samartín, e do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo.
A primeira, que este ano se incorpora ao certame unha nova modalidad, o I Serán da Seitura de Manzaneda na memoria de Luzdivina Pérez Ricoi, que terá lugar o sábado 28 ás 18:00 horas e ao que acudirán cantores de moitos puntos da zona. «Luzdivina foi a cantareira da seitura máis destacada que eu coñecín, que formará parte do corpus do libro Cantares da Seitura de Manzaneda; a este certame acudirán ademáis cantores da seitura de Manzaneda, de Trives, do Bolo, e espero que sexa un momento importante da cultura de Galicia» explicou o director da Real Banda de Gaitas.
A segunda novidade, a participación moito máis amplia de grupos de gaitas, algúns deles preséntanse neste certame por primeira vez, como é o caso da Escola de Gaitas do Concello do Bolo. Ademáis deste conxunto, «contaremos coa participación das agrupacións de Riós, Vilariño de Conso, Xinzo da Limia e Chantada, xunto co grupo Xuntanza de Catalunya Junior e Ladies Band. De seguido, terán lugar os concursos de Bastóns de mando e de Gaiteiros solistas, para deixar paso logo ás bandas de 1º grao: Xuntanza de Catalunya e Real Xuvenil. As actividades rematarán coa tradicional ofrenda floral a Gabino García, quen da nome a este memorial musical, e coa entrega de premios e a actuación conxunta das bandas participantes.
Félix Dominguez, alcalde de Manzaneda, explicou que «nesta osación contarase coa exhibición do Fulión de Manzaneda, como o ano pasado se contou co Fulión de Buxán». Desta forma queren conseguir incluir na celebración a tradición do Entroido tan arraigada na zona.
O director de OCA Nova Manzaneda, Gustavo Samartín, tamén presente no acto, dixo que a contorna de Manzaneda «é un lugar único para celebrar este evento único», e convidou ao público a participar «nunha gran festa da gaita e das nosas tradicións».