sábado. 05.10.2024
foxo

Atopábase ensaiando cos xoves membros da Escola de Gaitas do Concello do Bolo, e facía unha pausa para falar con nós. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, daba as últimas indicacións aos máis cativos antes da súa primeira participación no que será IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Esta actuación formará parte das novidades que este ano teñen organizadas para deleite dos que se acheguen tanto o sábado 28 coma o domingo 29, a Estación de Montaña OCA Nova Manzaneda.

O principal promotor do evento explicábanos que o obxectivo máis importante é «darlle vida ao mundo rural e que os nenos aprendan a nosa música». O realmente positivo para Foxo, é que poidan «dispoñer dun foro como Manzaneda onde expoñer o seu traballo» explicó. Porque se trata ademáis, do evento de máis tradición no mundo da gaita de toda a comunidade, «xa van máis de trinta anos facendo o encontro de gaitas, polo que forma parte do corpus cultural do concello e da comarca», conta.

Ademáis da extensa participación deste ano, una novidade será a celebración do I Serán da Seitura que terá lugar o sábado 28 ás 18:00 horas. «Eu fago este primeiro Serán con moito cariño; adícome a recolleita do patrimonio que está desaparecendo, por iso é importante velo feito realidade». Preto de 12 cantareiras comporán o elenco de artistas participantes nun evento adicado á memoria de Ludivina Pérez Ricoy.

Haberá tempo no Certame de disfrutar da música das gaitas e da gastronomía da zona. E se aproveitarán as sinerxias coa Festa da Bica de Trives compartindo escenario en dúas ocasións, na apertura do Certame, cando haberá unha mostra da música gaiteira do pobo, e no final, cando a Festa da Bica se traslade a Manzaneda. «É importante, hai que xuntarse e sumar», suliñou.

Se queres escoitar a entrevista completa a Xosé Lois Foxo, fai click no seguinte enlace.

Foxo: «Queremos darlle vida ao rural e que os nenos aprendan a nosa música»