
Somos Comarca estivo esta semana con Maite Isla, presidenta da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), para falar máis en profundidade sobre o programa “Vacacións en Paz”, que busca familias de acollida para nenos procedentes do Sáhara durante dous meses do verán.
Somos Comarca: Fai uns días Sogaps estivo en O Barco para ofrecer unha reunión informativa acerca deste programa, a cal non se achegou demasiada xente...
Maite Isla: Non foi moita xente, pero si a necesaria para que puideramos explicar a situación na que viven os saharauis e a importancia e os obxectivos que ten o programa “Vacacións en Paz”. O boca a boca fai moito, e aínda que foran poucas persoas, estas mesmas se encargaron, xunto cos medios de comunicación, de divulgalo e a verdade é que estes días recibimos varias chamadas de familias da comarca interesadas neste programa.
SC: Este programa busca recibir a case 400 nenos para pasar o verán en toda Galicia, cántos calculades que virán a Valdeorras?
MI: Pois precisamente estamos co reconto final, estamos pendentes de entrevistarnos con sete persoas da comarca e esperemos que esas sete se sumen ao programa, máis dúas que tíñamos farían un total de 9 nenos que virían a Valdeorras.
SC: ¿Qué requisitos teñen que cumprir estas familias ou persoas?
MI: Sobre todo que queira formar parte disto, que estea concienciada a persoa, e o seu entorno tamén, de que queren acoller un neno saharaui respectando as súas costumes e tendo coñecementos da causa saharaui. Nos dispoñemos dunha traballadora social que é a que fai as entrevistas. Dos 25 anos que levamos con este programa en Galicia nunca tivemos ningún problema e sempre contamos con familias acolledoras extraordinarias.
SC: ¿Cánto tempo dura a acollida?
MI: Dura dous meses, normalmente chegan a primeiros de xullo e marchan a principios de setembro.
SC: Rematou o prazo para tramitar a acollida de un destes nenos?
MI: Remata a próxima semana, de aí a nosa urxencia en conseguir o número de familias que nos faltan, que son 25 persoas en toda Galicia. Eu estou segura de que si, que o imos conseguir.
SC: O tempo que estes nenos pasan en Galicia é moi enriquecedor para eles, pero tamén para al familias acolledoras. ¿Qué supón, sobre todo para os rapaces, este cambio de pasar a vivir con outra familia nun país tan diferente do que proveñen?
MI: Sobre todo cambios de cultura, coñecementos doutros idiomas, realidade doutro pobo... Pero tamén hai que dicir que estes nenos non teñen nada que ver con aqueles primeiros nenos que viñan fai 25 anos. Son nenos que xa case veñen falando castelán, xa que nas escolas o seu segundo idioma é o castelán, e cando marchan xa falan galego tamén.
Para todo o entorno é unha experiencia enriquecedora. Ao final, o neno saharaui é un pouco o neno de todos e inflúe no entorno da familia acolledora.
SC: ¿Cómo é o cambio dos rapaces unha vez que volven ao seu país?
MI: Os nenos marchan moi felices, só hai que ver a diferenza dos rapaces cando chegan do avión a cando volven, que se nota ata na cor da pel. Afastalos das altas temperaturas é moi importante, pero o cambio de alimentación tamén o é. Temos un convenio co SERGAS, no cal no momento que chegan os nenos todos teñen a súa tarxeta sanitaria para que poidan pasar as revisión médicas. Nunca tivemos grandes problemas de enfermidades, o máis común e que veñan con algún problema nos ollos, sobre todo debido á area do deserto. Pero ao marchar, vanse totalmente sans.
SC: ¿Qué idades teñen?
MI: Entre nove e doce anos.
SC: Para as familias que aínda están a tempo de sumarse a este programa, qué deberían facer?
MI: Pois facilito o meu número, que é o 678727382, para que calquera persoa que estea interesada que me chame e informarémoslle de todo o necesario.
SC: A visita que fixechedes o outro día a O Barco tiña tamén como obxectivo localizar a valdeorreses ou valdeorresas para constituír unha delegación da ONG Sogaps aquí na comarca, cómo vai este tema?
MI: Si, necesitamos un delegado de zona, que temos en todas as comarcas galegas excepto aquí. Notamos a falta dunha persoa que poida sensibilizar a toda a comarca, e que estea en contacto directo coas institucións e coa familia.
SC: Qué necesidades tedes neste sentido en Valdeorras?
MI: O que estamo pedindo son voluntarios, porque non só temos o programa “Vacacións en Paz”, senón tamén o proxecto de caravana, por exemplo, onde se recollen alimentos, medicamentos, material escolar... para levar para os campamentos de refuxiados. Neste sentido tamén se nota que nas comarcas nas que temos delegados de zona funciona mellor que onde non os temos. Non porque a comarca non sexa solidaria co pobo saharaui, senón porque non temos persoas que traballen a prol destas campañas na comarca.
SC: Qué é o máis importante que este cativos levan para o pobo saharaui, xa non en temas de saúde, senón a nivel persoal e cultural?
MI: Para eles é como abrir unha xanela, explorar outras culturas... Pero sobre todo, a partir da estancia de eses nenos aquí, xa teñen unha segunda familia para sempre. Neste sentido Galicia é un exemplo de solidariedade.
Durante o ano, nós tamén organizamos viaxes ao Sáhara, para que as familias acolledoras poidan visitar aos nenos e as súas familias. Ademais están en contacto directo, e o que ao principio empeza como unha acollida temporal de dous meses, o final son uns lazos de familias que quedan unidas para sempre.
SC: Qué lle dirías a esas posibles futuras familias acolledoras para que se unan a este programa?
MI: Eu estou segura de que en toda a Comarca de Valdeorras imos a conseguir bastantes familias. Tamén temos que agradecer ao concelleiro de O Barco, Orlando Saavedra polo gran esforzo que fixo para que isto saíra adiante.
Fago un chamamento a todas as persoas que no verán teñan tempo, queiran e poidan acoller nos seus fogares a unha nena ou un neno saharaui. Que se poñan en contacto con nós, que estou segura de que vai a ser unha experiencia moi enriquecedora tanto para o neno como para todo o entorno da familia. Non se arrepentirán.
Nós o luns iremos a Ourense e a varios concellos preto de Valdeorras, polo que si de aquí ao luns hai algunha persoa interesada poderiámonos entrevistar este mesmo luns.
SC: Esperamos que consigades as familias que vos faltan, que estamos convencidos de que así será. Moita sorte e moitas gracias Maite.