
O historiador Antonio Castro Voces fálanos este mes do proxecto REVIVAL, siglas que significan Reestructuración dos Viñedos de Valdeorras, unha iniciativa que «significou un antes e un despois nos viños xóvenes de Valdeorras que hoxe tanto éxito teñen».
Somos Comarca: ¿Cómo comeza este proxecto? ¿Cal é o motivo de poñelo en marcha?
Antonio Castro Voces: Facendo un pouco de historia, a finais do século XIX, ven a plaga da filosera e os viñedos quedan arrasados. Os da comarca resultaron moi afectados e houbo que volver a plantar, porque nos quedáramos sen viñas. Nese momento se decide apostar por unha serie de inxertos, vides americanas, o jerez, o alicante, que viñan a sustituir ás variedades autóctonas que tanta personalidade lle daban aos viños de Valdeorras. Eran o godello, a mencía, e a mozafresca.
Esta decisión xenerou un problema, porque ainda que aumentou a producción, sen embargo os viños resultantes eran viños sen personalidade, que se vendían a granel e reportaban poucos beneficios aos viticultores. O campo cada vez perdía máis influencia, a xente traballabao menos porque non era rentable. Algo hai que facer para que as viñas sigan producindo e o viño sexa rentable, para que o agricultor valdeorrés poida sobrevivir.
SC: ¿Cándo se pon en marcha?
ACV: Nos anos 75-76 iníciase este plan de explotación que se coñece como REVIVAL, en torno a Extensión Agraria do Barco que canaliza esta problemática que se plantea e se encarga de buscar unha solución para rentabilizar a producción do viño.
SC: ¿Quén está ao frente deste proxecto?
ACV: Falar de Extensión Agraria neste momento é falar do que estaba ao fronte da mesma, Horacio Fernández Presas, que é o que se pon ao frente de esta iniciativa. Os máis estrictos colaboradores de Horacio foron Jose Luis Bartolomé, José Pedraza, e Salvador Perez Vidal.
Xunto con eles, un enólogo, que en todo momento lle presentaron o problema e asumiuno de cheo. Dende o Instituto Agrario da Coruña, Luis Hidalgo brindou todo tipo de axuda técnica; serían decisivos os seus consellos e orientacións. Tódolos enólogos que estiveron a partir desa época nas bodegas de Valdeorras, son os que orientan e dirixen a forma de chegar a ese viño de calidade que tanto éxito tivo a continuación.
SC: E, ¿por qué godello?
ACV: Nese ano 75-76 faise unha pregunta a tódolos viticultores: qué variedade habería de ser potenciada para darlle unha volta ao mundo da viticultura e esta fose rentable producindo viños de calidade. A maioría responde o godello e así se empezan cos cambios experimentais, plantando godello de cara ao futuro.
SC: ¿Cómo se organizou todo no proxecto REVIVAL?
ACV: Póñense en marcha campos experimentais en tres direccións: afinidades, formas de poda e formas de plantar as viñas. O tipo de poda, por exemplo, utilízase en espaldera, a forma de plantar as viñas, cunhas determinadas medidas para mecanizalas para o uso de tractores. Se chega así a unha primeira producción de case 4.000 kilos de godello. Coa axuda do Instituto Agrario da Coruña consíguese que un determinado tipo de viños que son a base do que serán os posteriores viños de godello.
Coas orientacións recibidas, empézase a producir ata que máis adiante se chega, no ano 80, a producir viños primeiro en barricas de castaño parafinado e roble americano, e posteriormente en utensilios de acero inoxidable que serán os primeiros que se utilizan en Galicia. Prestando atención a como se definiu cómo tiñan que ser as viñas, como a sua posterior elaboración, consguiuse chegar a estes viños xóvenes de sabores afrutados, e que tanto éxito están acadando na actualidade.
REVIVAL foi a grande experiencia que transformou os viñedos de Valdeorras, naquel momento de moi pouca calidade, nos actuais viños que producimos.