lunes 25/10/21

Castro Voces: "Alberguería, o pobo próspero asolagado de olvido"

Fotografía desde www.albergueria.es
Fotografía desde www.albergueria.es

O historiador Antonio Castro Voces achega de novo a historia de Valdeorras a Somos Comarca. Desta vez fálanos do pobo de Alberguería, en A Veiga, asolagado trala construcción dunha presa no río Xares.

Somos Comarca: Hoxe falamos do pobo de Alberguería…

Antonio Castro Voces: Efectivamente imos falar dun pobo que desgraciadamente desapareceu. Alberguería era o seu nome. A comarca de Valdeorras ten un montón de encoros e centrais hidroeléctricas, e Alberguería foi víctima de un de eles.

SC: ¿De ónde ven o nome de Alberguería?

ACV: O nome do pobo significa albergue, un tipo de posada que solía estar ao lado de camiños por onde pasaban peregrinos e camiñantes. Neste caso, Alberguería estaba na veira do camiño medieval que ía dende Petín e pasaba por Freixido, Portomourisco, cara A Veiga, ata terras de Zamora. As primeiras referencias escritas que temos sobre Alberguería datan do século XIII. Este dato facilítanolo El tumbo negro de la Catedral de Astorga, de María Josefa Sanz, libro en el que se cita unha permuta de bienes entre a Orden Hospitalaria ou Orden de San Juan de Malta e o Obispado.

SC: ¿Cantos veciños vivían en Alberguería?

ACV: Non coñecemos moito sobre cómo se desenvolvía a vida neses séculos, o que sí sabemos é que a mediados do século XVIII, según o que nos facilita o Catastro del Marqués de la Ensenada, Alberguería tiña unha poboación de 57 veciños. Poboación que por certo, pagaba abundantes impostos. Hay que reseñar que Alberguería, como todos os pobos de A Veiga e do Bolo, eran de señorío reguengo. Distinguíanse do resto dos concellos da comarca porque estes eran pobos de señorío condal, pertencían aos Condes de Ribadavia, mentres que os pobos de A Veiga e O Bolo, como Alberguería, que eran de señorío reguengo, pagaban os impostos directamente ao rei.

Os habitantes de Alberguería pagaban todos os anos 1.600 reais en impostos, divididos en tres etapas, que respondían aos dereitos de alcabalas, ciento, sisa, fiel medidor e carnes. Pero tamén lle tiñan que pagar á igrexa o diezmo, por cada dez mitades de recolecta de viño, trigo, herba, había que pagar un á igrexa. Tamén se pagaban as primicias que se utilizaban para arranxos da iglesia, e o chamado voto de Santiago que era un imposto de orixe medieval que se pagaba ao cabido da catedral de Santiago pola festividade do Apostolo, o 25 de xullo.

SC: ¿De qué vivía a xente deste pobo?

ACV: Alberguería vivía da agricultura e ganadería. Producía prácticamente de todo a pesar de ser un pobo de montaña pero pola súa configuración do fondo do val ao lado do río Xares, traballaban os productos da horta e tamén fundamentalmente cereal, centeo e trigo. Estes cereais transformábanse en fariña a través de oito muiños de auga que había e que se utilizaban para facer pan para comer as persoas ou para alimento dos animais. Había unha taberna e un estanco onde se proveían de alimentos necesarios para consumo diario.

Cen anos máis tarde, en 1850, e según conta Pascual Madoz no seu célebre diccionario, Alberguería tiña unha poboación de 180 veciños que vivían en 140 casas, textualmente pódese ler: “casas de pedra de granito de moi boa construcción”. Estaban todas elas alineadas ao lado dunha rúa e na parte norte do pobo atopábase un barrio que constituía un pobo de por sí, distinto do resto, que se chamaba Oleiros. Este barrio aparece citado en moita documentación pero se lle perde a pista a partir de finais do século XIX.

A escuela de Alberguería era mixta e tiña 130 alumnos cada ano, atendidos por un mestre que recibía 600 reais anuais, cantidade que pagaban directamente os pais dos rapaces que ían a escola. Había unha única igrexa, dedicada a Nosa Señora da Asunción.

O pobo estaba situado á veira do Xares e tiña moi boa ventilación. Así, os veciños gozaban de boa saúde e se dicía que moitos deles tiñan 90 anos e máis. Que no 1.850 se teña constancia de persoas que tiñan 90 anos e máis, é un dato significativo porque non era o común.

Vivían da agricultura, porque industria apenas había, solo a imprescindible, telares de liño e a maquinaria relacionado coa agricultura e a súa transformación. Os camiños, de cabalerías ou de rodas para os carros, estaban en mal estado.

SC: ¿Cando foi que quedou o pobo asolagado?

ACV: A vida de Alberguería discurría con normalidade e se viu truncada o 9 de maio de 1959, cando a presa que se construiu sobre o Xares inundou o pobo. Alí asologabánse as ilusións das súas xentes que tiveron que emigrar e deixar tanto o pobo como os seus campos. Recordo deste feito é a igrexa que foi desmontada pedra a pedra e reconstruida outra vez no pobo rubianés da Veiga de Cascallá.

O papel que xogaron os encoros, as presas, as centrais hidroeléctricas, debería ensinarse á xuventude a través dun museo, un lugar no que se recrearan estes feitos a través de paneis informativos, para que os rapaces, que son os que están chamados a seguir conservando o noso pasado, o podan lembrar.

Fotografía desde www.albergueria.es

Castro Voces: "Alberguería, o pobo próspero asolagado de olvido"