
Xose Lois Foxo subliñou a importancia da música tradicional que está a perderse cas novas xeracións
Dende a Escola de gaitas do Bolo adáptanse aos tempos de pandemia sen frear a paixón pola música, por elo continúan cas labores didácticas cos máis pequenos a pesar de todas as restricción que obrigan a limitar o aforo e a facer as actividades ao aire libre.
Xose Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, subliñou que a xente que adícase a cultura é a máis perxudicada xa que non poden escenificar o traballo nun teatro ou nunca festa.
Malia iso, Foxo continúa creando novas pezas e nestes intres traballa no "Cancioneiro do Bolo" que recolle diversas pezas grabadas in situ polo director da Real Banda. «Foron herdándose dende o século XIV, eran cantares dos cegos que os levaban as feiras e demáis. Grazas a creación da imprenta foron pasándose a pesar de que ata o século XX moita xente apenas sabía escribir».
A modo de crítica, o músico afirma que actualmente a música tradicional non ten vida, xa que non lle interesa as novas xeracións, subliñando que sería idóneo que se ensinase nas aulas. «A música acompañou a xente polo menos dende fai 800 anos, cos cancioneiros trato de darlle vida a eles».
Dentro dos próximos proxectos Foxo espera facer un cancioneiro de cada un dos concellos da comarca, subliñando que estas pezas son grandes obras, tamén destaca que sen a música un ser humano non pode vivir. «A música está en todo, en esta pandemia a presenza dos artistas animaron a vida da xente. Se lle quitamos a música a vida quitámoslle o sal a salsa».