sábado. 20.04.2024

O venres, 21 de xaneiro, Xosé Manuel Sánchez presenta o seu libro sobre a figura de Xosé Seivane na Casa da Cultura de A Rúa da man da asociación Abertal. As 19:30 a xente poderá gozar dun exemplar que engloba a vida, o traballo e a obra do artesán.

O exemplar é un estudo sobre Xosé Seivane, unha figura moi importante no mundo da música tradicional galega e no da gaita.  Tamén destaca na construción de instrumentos que, grazas a el, obtiveron unha mellora impensable. «Grazas ao seu traballo podemos gozar de moitos estándares de gaitas», aseguraba o autor.

A idea da obra foi unha encomenda de Pablo Quintana, director de edicións Canela, que ten un gran interese pola música tradicional. Para a elaboración do exemplar, Xosé Manuel, realizou unha investigación e entrevistas a persoas relacionadas con Seivane, como son os seus fillos, seus veciños ou seus clientes.

«Detrás do libro hai un traballo moi intenso. Gocei moito estudando a figura de Seivane e como se foi mellorando o son da gaita galega», destacaba a Sánchez. Na obra poderase coñecer vivencias persoais do personaxe, cómo construíu a primeira gaita e acercarase non só a figura do artesán senón tamén a figura humana.

A Rúa acolle a presentación do libro sobre a figura do artesán e músico, Xosé Seivane