martes. 17.06.2025

Enrique Mauricio: «Queremos achegar aos mais novos a nosa literatura incidindo na figura de Florencio»

Neste 2022 dedicado a obra e figura de Florencio Delgado Gurriarán no Día das Letras Galegas, Enrique Mauricio creou unha pequena biografía do poeta adaptado para os mais cativos baixo o nome: “De Valdeorras a México. Terra a nosa!”
libro_florencio_enriquemauricio_cuentacuentos_16_04_2022
Enrique Mauricio: «Queremos achegar aos mais novos a nosa literatura incidindo na figura de Florencio»

Neste 2022 dedicado a obra e figura de Florencio Delgado Gurriarán no Día das Letras Galegas, Enrique Mauricio creou unha pequena biografía do poeta adaptado para os mais cativos baixo o nome “De Valdeorras a México. Terra a nosa!”.

Somos Comarca: Para a xente que nos coñeza o libro, cóntanos que podemos encontrar nel?

Enrique Mauricio: É una biografía adaptada para un público infantil coa que traballar nas escolas. É unha biografía na cal tratamos con moita seriedade e moito cariño a figura de Florencio Delgado, desde o seu nacemento incidindo en cada unha das obras e tamén poñendo un pequeno anaco dos seus poemas que nos pareceron mas senlleiros a cada un de nos. O que quería dicir tamén e que está ilustrado por Tania Solla e pensamos que está moi ben feito.

Florencio

SM: É importante achegar a literatura galega aos nenos e nenas, e a través das ilustracións faise mais sinxelo.

EM: Xusto, o que queremos é achegar aos mais novos a nosa literatura incidindo na figura de Florencio. Pódese contar calquera cousa sempre adaptada ao publico infantil. Nós, aparte do libro, tamén queríamos incidir en que temos unha actividade de conta contos ilustrado sobre a figura de Florencio Delgado, na que eu conto que é un ilustrador, que fai un mural vinculado co que vou contar.

SM: Como foi o proceso de creación deste libro?

EM: Non foi doado, porque había pouco material. Moi ben traballadas As Letras de Florencio na páxina web, pero por exemplo había libros descatalogados que non estaban a venda e que tes que ir as bibliotecas. Eu lía as obras de Florencio e logo, sobre todo, unha obra que é fundamental para entendelo é a biografía creada por Ricardo Gurriarán. Logo tamén a axuda que me prestou a hora de facer o libro, porque hai cousas que saen no libro que son colleita de Ricardo e non saen en ningún lado.

SM: Despois de facer un estudo previo, como calificaría a obra de Florencio?

EM: Eu estou encantado. Adicámonos a facer biografías de autores da nosa literatura e eu teño que dicir que Florencio foi un descubrimento fantástico, tanto a súa vida como a súa obra. Hai poemas como os primeiros que fai a natureza do Barco, a min paréceme que estou a ver O Barco cando estou a ler estes poemas que fai Florencio. A min o que me pareceu unha marabilla e que é un home comprometido coa democracia e con Galicia.

SM: Que diría que significa Florencio para a nosa literatura galega?

EM: Pois un home leal cos seus principio, que sempre traballou por unha idea de Galicia e un home que tendeu pontes. Eu cando estudei a súa figura en México, el sempre intentando tender pontes entre todo o mundo. As veces discutimos por cousas sen importancia no canto de centrarnos no que nos une.

Enrique Mauricio: «Queremos achegar aos mais novos a nosa literatura incidindo na...