viernes. 19.04.2024
somoscomarca_florenciodelgado_31_03_2022
Presentase unha guía didáctica e unha biografía sobre Florencio no Barco

Na tarde deste xoves, 31 de marzo, presentábase na biblioteca municipal do Barco unha guía didáctica para traballar a obra de Florencio Delgado Gurriarán cos escolares e unha nova biografía sobre o autor da man de Edicións Ir Indo.

A concelleira de Cultura do Concello, Margarida Pizcueta, foi a encargada de presentar aos autores do libro e ao xerente da editorial. «É unha obra moi amena e didáctica que vai chegar a todos os públicos. A verdade que estas publicacións son necesarias, e que xurdan outras iniciativas onde nos deán outra visión do poeta e da súa historia, benvido sexa», afirmaba.

somoscomarca_florenciodelgado_31_03_2022

Pola súa banda, Bieito Ledo —un dos xerentes de Edicións Ir Indo— destacaba a importancia destas dúas obras, e felicitaba a Débora Álvarez e Margarida Pizcueta, promotoras de As Letras de Florencio, que «foron o motor, porque hai autores que están á cola esperando o Día das Letras Galegas despois de 10 anos de morto e, por tanto, isto é unha conquista extraordinaria».

somoscomarca_florenciodelgado_31_03_2022

Os autores da biografía, Tania Pérez e Xosé Ramón Campos, analizaron a figura de Florencio abordando ou seu legado cultural, político e literario. Na presentación, Pérez encargouse de comentar a súa vida en Valdeorras, mentres que Campos explicou a parte do exilio para México,

Trala presentación serviuse un refrixerio entre os asistentes procurando xerar unha conversa sobre a potencialidade dá obra de Florencio non eido educativo.

somoscomarca_florenciodelgado_31_03_2022

Presentase unha guía didáctica e unha biografía sobre Florencio no Barco