Presentación dunha antoloxía poética para achegar a Florencio a todos os públicos

Este domingo, 27 de marzo, presentábase en Vilamartín o libro «Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética». A obra, de Editorial Galaxia, é unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta e Débora Álvarez

Este domingo, 27 de marzo, presentábase en Vilamartín o libro «Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética». A obra, de Editorial Galaxia, é unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta e Débora Álvarez, impulsoras do proxecto As Letras de Florencio, e que inclúe un prólogo de Víctor Freixanes, Presidente dá Real Academia Galega.

Enrique Álvarez, alcalde do municipio, foi o encargado de abrir o acto agradecendo a todos os presentes por asistir, pero en especial ao presidente da RAG. Mentres, Pizcueta e Álvarez destacaban que «esta antoloxía foi un proxecto continuado e, aínda que nós fomos as que traballamos un pouco máis, é de todos. Esta antoloxía é valdeorresa, porque o proxecto é valdeorrés e o autor tamén. E, porque se presenta na vila que o viu nacer».

A coordinadora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez, agradecía «inmensamente» que o encargado de realizar o prólogo da obra fose Freixanes e afirmaba ser «unha honra para todos». Ademais, na presentación atopábase Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, e Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.

Pola súa banda, o presidente da RAG recoñecía que «o Día das Letras Galegas non se dedica a calquera poeta. E, cando viñeron visitarme do Instituto de Estudos Valdeorreses, vimos que había que poñer en circulación a obra de Florencio, que iso era fundamental. O que non se coñece non se ama, e Florencio era un descoñecido, non para os estudosos da literatura galega, pero tampouco estaba accesible ao público».

Roteiro arqueolóxico

Previamente á presentación, levouse a cabo un roteiro arqueolóxico por algúns dous vestixios históricos que se atopan nos arredores de Vilamartín. Guiado por José Fernández, presidente dá Sección de Arqueoloxía do IEV, o roteiro partía as 11.00 da mañá do CEIP Manuel Folla Respino.

Pepe Fernández, presidente de arqueoloxia do IEV, nunha das súas explicacións 

«A verdade que foi moi interesante, porque Pepe estivo a ensinarnos pedras de aquí, de Galicia. Tamén onde está aloxado o ouro e vimos pebidas de ouro collidas aí, en A Pala. Despois fomos andando ata os petroglifos e a verdade é que participamos unhas 50 ou 60 persoas, tivo gran participación», explicaba Margarida Pizcueta.

Petroglifo da Idade de Bronce onde parece que se facían sacrificios humanos