Na sesión da xunta do Instituto de Estudos Valdeorreses tamén nomearon como "membro de mérito" a Anxo Fernández
O Instituto de Estudos Valdeorreses celebrou a súa xunta directiva, e entre outros acordos solicitarán a corporación municipal a apertura dun expediente de méritos para que o poeta barquense Lauro Olmo Gallego, sexa declarado como fillo predilecto do Barco.
Dende o IEV baséanse en que o autor barquense foi un dos mais grandes dramaturgos do século XX, sendo "La Camisa", a obra mais representada, te ten sido traducida a numerosos idiomas e fora Premio Nacional de Teatro.
A súa vez dende a asociación subliñaron que a pesar de ser galego, ningunha das súas obras foron representadas polo Centro Dramático Galego. Ademáis para reafirmarse na súa decisión recordan que o vindeiro mes de novembro celébrase o centenario do seu nacemento.
Na mesma sesión, o IEV nomeou como "membro de mérito" o que fora presidente do mesmo e socio activo dende a fundación, Anxo Fernández Fernández.
O instituto cree que este é un recoñecemento polos méritos excepcionais que concorren na súa persoa, non soio pola laboura importanter da sua xestión o fronte do IEV, senón tamén pola que fixo en outras institucións culturais, como o Casino, ou Cofradia Xesús Nazareno; polas pubricacions que fixo sobre a historia de Valdeorras en varios cadernos do IEV e programas de Festas.
Tamén o seu traballo para dar a coñecer a moitos persoeiros nados en Valdeorras que eran descoñecidos pola maioría de veciños.