viernes. 29.03.2024

O ciclo continúa a través da narración do artista oriental Yoshi Hioki e o seu espectáculo, Contos do Xapón

A IX edición de De Perto continúa e o fai cun toque oriental. Este venres presenta ao contador xaponés Yoshi Hioki, coa pieza "Contos do Xapón". Será unha sesión divertida cun interese a maiores: coñecer como é a narración oral dunha cultura descoñecida para a maioría. Coma en ocasións anteriores, o público deberá situarse en cadeiras, e mantendo todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas.



O artista xaponés naceu e creceu na ciudade de Hirakata, na perfectura de Osaka. Ao rematar o bacharelato na súa cidade natal trasladouse no ano 1991 a Barcelona para estudar pintura.



Alí coñeceu o mundo da narración oral, decidíndose profesionalizarse neste arte e sen parar de contar dende ese momento. Contos, mitos e historias de diferentes épocas forman parte do repertorio destinado para todos os públicos, dende os nenos ata os adultos.

Hioki pasou por diferentes tipos de escenarios como teatros, festivais, escolas, bibliotecas e casas da cultura de todo o territorio español. Tamén en Portugal e Latinoamérica poderon deleitarse co arte narrativo do xaponés.


O ciclo De Perto continúa este venres cun toque oriental