jueves. 28.03.2024

O evento tras un parón no 2020 debido a pandemia regresa no 2021 a Cabeza Grande de Manzaneda

Tras un ano de ausencia debido as restriccións impostas pola pandemia da Covid-19, Cabeza Grande de Manzaneda volverá a recibir aos mellores gaiteiros de toda a península ibérica nunha nova edición do Certame Celtibérico de Gaitas que se levará a cabo nos días 31 de xullo e 1 de agosto.

Así, dentro do concurso estarán os músicos participando nun evento que naceu ca filosofía de proporcionar e aglutinar ás distintas variantes da cornamusa na península ibérica, desde Baleares, Cataluña, Aragón, Asturias, Cantabria, Zamora e norte de Portugal. Con testemuñas vivas da presencia da gaita, xa que Galicia é un dos puntos da xeografía universal onde a tradición pervive con máis enerxía.

O seu organizador, Xose Lois Foxo, que ademáis e o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, salientou a ledicia por volver a realizar o evento.

Ademáis adiantou que o sábado 31 de xullo será o "Verán de Seitura" mentres que o domingo 1 corresponderalle ao campionato de gaitas. Ludivina, cantaora de Manzaneda será homenaxeada ca instalación e inauguración dunha estatua dela mesma.

A primeria fase da edición do 2020 celebrouse en Vilariño de Conso ca presenza de máis de 600 gaiteiros. As outras dúas fases quedaron anuladas debido ao impacto da Covid-19.

O ano pasado estaba prevista unha segunda ronda en Quiroga en Semana Santa e outra terceira e definitiva en Manzaneda a finais de xullo, pero quedaron canceladas debido a epidemia.

O Certame Celtibérico de Gaitas regresa a Cabeza Grande de Manzaneda