O 2023 foi un ano cheo de actividades no Casino

Exposición de Anxo Santomil no Casino
Pablo Dobao tamén aproveita para desvelar un pouco do 2024

Foi un ano de moita actividade na Asociación Casino do Barco de Valdeorras. Falamos con Pablo Dobao, o presidente, para que faga balance destes 12 meses e, tamén, para que desvele como será este 2024.

Obras no edificio

«Terminamos as obras da segunda planta, do salón de actos e exposicións. Acabamos de tapizalo e de poñer as cortinas», conta Dobao. 

Doutra banda, «cambiamos a iluminación das escaleiras, xa que os apliques estaban deteriorados», explica o presidente. 

Un ano cheo de actividades

Fixéronse todos os eventos que estaban programados e algún máis que foi saíndo durante o ano. «Fíxose a cea de Reis, o Entroido, a Feira de Abril, Halloween e o Magosto», enumera Dobao.

Pintura, libros e actos solidarios

O Casino abre o ano coa exposición de Sofi Modebadze bautizada "Pintar sen borrar". En total contábase con 17 cadros e distintas técnicas, pero todos moi coloridos. Esta obra estivo exposta durante febreiro. 

Durante o mes de xullo as obras do artista Roberto Álvarez encheron as paredes do Casino. Natural da Rúa, Álvarez mostra os cambios da súa traxectoria en lenzos, láminas e cadernos que foi creando ao longo dos últimos 5 anos. 

Nas Festas do Cristo, o Concello do Barco proponlle unha colaboración ao Casino. Tratábase dunha exposición de creador do cartel de as festas. Anxo Santomil, inaugurou "Debuxos" o martes 12 de setembro, unha selección de debuxos realizados a plumilla e tinta. 

Por último, pero non menos importante, durante o mes de novembro, a artista valdeorresa Patricia Fernández Vázquez presentou "Lapintiparada".

E falando de libros, o Casino cedeu as súas instalacións para a presentación do libro "Nosotras", un libro de vivencias solidario para "Recordar historias".

Presentación libro "Nosotras"

O Casino do Barco, tras varios anos, recuperou o galardón "Barquense do Ano". Neste acto a  Asociación Afem Morea foi a premiada. Por outra banda, o 1 de abril realizouse unha cea na que tamén se entregou o diploma ao Centro de Deportes Barco.

Durante o ano tamén se tiveron actos solidarios. Un deles foi prestar as instalacións á Asociación Española contra o Cáncer (AECC). O que se fixo foi recadar fondos mediante unha Cholotada que tamén contaba con churros e biscoito. 

Nesta mesma liña, tamén se fixo unha cea solidaria para a AECC, na que se recadaron fondos.

 Cena con baile para recaudar fondos para la Asociación Española contra el Cáncer

Convenios co IEV

«En convenio co IEV tivemos varios eventos e presentacións de libros», lembra Dobao. 

Realizouse unha homenaxe a "Os Escarbadores", que foron, sen dúbida, os pioneiros no descubrimento do potente patrimonio que ten Valdeorras baixo terra. 

Outra das colaboracións que fixeron foi a I Festa do Caldo Ilustrado que tivo lugar o 14 de xaneiro. Nesta ocasión, desde o Casino, aproveitaron para anunciar que se retomaba unha tradición, o "Barquense do ano". 

Presentación I Feira Caldo Ilustrado

Libros que se presentaron co IEV

Presentouse en febreiro, no Casino, o libro "Caderno de Viana" de Jesús García. Neste exemplar, reflíctense cousas que s houberan perdido de non ser polo escritor que, durante máis de 30 anos, estivo a recoller datos. 

No mes de xullo realizáronse dous actos en menos de dous días. O primeiro deles, o 20 de xullo, tivo lugar a proxección da película Ciudad da Selva: fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio. Ao día seguinte desta proxección, rendeuse homenaxe a Gabriel Prada, pretendendo así eloxiar a súa traxectoria profesional. 

Santiago Palmeiro tamén estivo presentando o seu libro baseado en feitos reais "Terra sen aire".

Presentación del libro de Santiago Palmeiro

Outro dos libros que se presentaron durante este ano foi o de Sara Marianovich, “Envolvida en Sons”. Este acto fíxose no mes de setembro.