sábado. 20.04.2024

O Barco con 7 actuacións, e A Rúa con 1, veránse beneficiados do calendario proposto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios

A Xunta ofrece ata final de ano 22 actuacións escénicas na provincia de Ourense a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que terán lugar en Ourense, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, con sete en cada unha destas localidades, e na Rúa, con unha. A carteleira con todas as funcións e horarios pódese consultar en Cultura de Galicia e no web da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).

No Barco de Valdeorras, as funcións previstas no Teatro Lauro Olmo arrancarán en outubro con Cigarreiras, de Contraproducións, o día 15, e Formigas no peto, de Ítaca Teatro, o 22. En novembro será a quenda de Teatro do Atlántico, con Libre coma os paxaros. Decembro é o mes que concentra máis actuacións, coa peza teatral Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva, de Olivas Negras; o espectáculo de danza Bailar agora, de Marta Alonso Tejada, e o de novo circo , de Xampatito Pato. O ano pecharase con Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón.

Pola súa banda, A Rúa, ten programada para o 12 de novembro, no Centro Cultural Avenida, a  función teatral Feminíssimas, de De Ste Xeito Producións.

O Barco e A Rúa terán 8 actuacións a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios