jueves. 18.04.2024

Viana do Bolo e Vilariño de Conso desfrutaron esta fin de semana de ViBoMask onde os grupos de mascaradas —procedentes da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco e de Bragança e  Viseu en Portugal— permitiron alongar o Entroido e coñecer como é en outros territorios. 

portada_somoscomarca_vianadobolo_vibomask_2023 (80)

Esta oitava edición celebrouse onte, 18 de marzo en Viana e hoxe en Vilariño de Conso, cun variado programa de actividades que incluíu charlas, actuacións, exposicións, conferencias e unha ampla e variada programación para achegar a todos os estamentos da sociedade o seu valor cultural.

somoscomarca_vianadobolo_vibomask_2023 (32)

Nesta xornada do domingo, 19 de marzo, as actividades trasladáronse ao municipio de Vilariño de Conso, onde a partir das 10.30 horas comezou o ViBoMarket na zona da praza Maior e logo tivo lugar o desfile das mascaradas polas rúas do concello.

somoscomarca_vianadobolo_vibomask_2023 (93)

Ca conferencia impartida polo fotógrafo Pedro G. Losada e o artesán de máscaras de Entroido, Xosé Manuel Seixas, no IES Carlos Casares, comezaban onte ás actividades en Viana, onde se inaugurou a exposición O Entrudio de Viana do Bolo no tempo», na sala de exposicións do Concello.

somoscomarca_vianadobolo_vibomask_2023 (14)

A xornada de onte rematou cunha foliada polas rúas e bares de Viana na que participaron: As Travesas da Mezquita, As Xeitosiñas de Baltar, a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso, Comando, Morrazo, Charanga Alegría, Dulzaineros de Velilla de la Reina, Pastores de Casavieja, Tabernícolas e o Trío Motobomba.

somoscomarca_vianadobolo_vibomask_2023 (9)

Na xornada de hoxe as actividades trasladáronse á Praza Maior de Viana do Bolo e ás rúas de Vilariño de Conso.  A partir das 12.00 horas "ViBoMarket", un mercado de produtos típicos e artesanais, estivo instalado na zona da Praza Maior. Logo comezou a sesión vermú amenizada pola Charanga Fuego.

portada_somoscomarca_vianadobolo_vibomask_2023 (88)

O prato forte do día foi o desfile do oitavo Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask que fixo o percorrido desde o campo da feira, baixando pola rúa Toural, a rúa San Roque, a Praza Maior e rematando na rúa das Mazairas. Xa pola noite, foi a quenda para o ViBoMusic coas actuacións dos grupos musicais Nova Era, Guezos e SkaloPndras, na praza Maior.

 

As mascaradas despídense da ViBoMask en Vilariño de Conso