viernes. 29.03.2024

A longametraxe do director de Castrofolla (Petín) acadou o máximo premio na sección Indieuropea do festival de cine mundial italiano

«María Solinha» do petinés Ignacio Vilar, acadou o máximo galardón na sección indieuropea do Taormina Film Fest, cita onde se valoran as mellores películas do cinema europeo e mundial e que se celebra na vila siciliana de Taormina dende 1955.

Nun evento marcado polo Covid, e a súa alta incidencia no país trasalpino o festival desenvolveuse dentro da nova normalidade e o xurado elixiu como gañadaora a fita do petinés, entre 11 longametraxes de Francia, Polonia, Irlanda, Turquía, Grecia, Reino Unido, Rusia, Italia e Bulgaria.

A longametraxe proxectouse na competición en Taormina na súa versión orixinal en galego con subtítulos en italiano. Trátase do primeiro grande premio internacional que acada o filme de Ignacio Vilar, cuxa estrea en cines estaba prevista para o 15 de maio antes de que a pandemia mundial polo coronavirus viñera a alterar de xeito irremediable os plans de Vía Láctea Filmes

Pese a iso, o filme xa se pudo ver na comarca de Valdeorras, concretamente en Seadur, sendo as próximas proxeccións o vindeiro día 26 de xullo en Vilamartín, e o día 30 no Malecón do Barco, o 1 de agosto será a premier en Petín.

«Ocurríusenos o que facíamos antes, estrenamos antes ao aire libre que nas salas. A xente das vilas onde non hai cine asisten antes a estrea que as cidades que si o teñen» declaraba Vilar a este medio fai uns días.

Ademáis nos actos que se desenvolverán na comarca o aforo estará limitado a 200 personas que terán que empregar máscaras para entrar e gardar as distancias de seguridade entre os asistentes.

«María Solinha» de Ignacio Vilar vence no Taormina Film Fest de Sicilia