martes. 17.06.2025

«Invisibles» reabre a tempada teatral

Margarida Pizcueta concelleira de Cultura destaca a gran seguridade nestes eventos para previr contaxios por COVID

Despois do parón por mor da gran subida de positivos por COVID-19 no Barco de Valdeorras, a arte escénica regresa ao Teatro Lauro Olmo o vindeiro 20 de novembro cunhas medidas todavía máis restrictivas que antes da última suspensión.

Esta vez o aforo estará limitado a 60 localidades, tal e como marcan as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, xunto a toma de temperatura, medidas de hixiene, uso de máscara e rexistro voluntario dos asistentes.

"Invisibles" é o título do espectáculo de Redrum Teatro que xira arredor da violencia contra as mulleres aproveitando ademáis que o 25 de novembro é o Día Mundial contra esta violencia.

Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Concello do Barco, subliñou que a última parada veu motivada polas restriccións na vila, se ben os actos podían celebrarse, non veían lóxico que a xente fora ao teatro pero non puidesen reunirse fora do mesmo.

A edil sinala a seguridade que hai nestes eventos nos que o risco de contaxio e mínimo, afirmando a súa vez que así poden axudar a un sector tan danado como é o da cultura «animo ao público, que ten ganas, a que participe porque imos a continuar poñendo unhas medidas tan estrictas que ninguen correrá o perigo de contaxiarse nese espazo» detallou.

Se quere escoitar todo o que nos contou Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura, pode facelo na seguinte ligazón:

«Invisibles» reabre a tempada teatral