Adela Lolo, responsable da biblioteca do IES Lauro Olmo, destaca a necesidade de aunar as novas tecnoloxías ca lectura
A biblioteca do IES Lauro Olmo do Barco ven de realizar unha serie de actividades con motivo do Samaín para dinamizar a lectura entre os seus estudantes e apoiándose nas novas tecnoloxías.
Adela Lago é profesora de lingua castelá e literatura, así mesmo tamén é a responsable da dirección da biblioteca, salientando que esta non é a primeira actividade que realizan dende o centro, xa que con motivo do Día das Bibliotecas, o pasado 24 de outubro, fixeron un concurso de marcapáxinas.
Esta vez produciron unha serie de vídeos, cun croma de nova adquisición, onde os cativos contaron unha serie de relatos de medo. Lago subliña que por mor da situación especial que se vive nestes intres, derivada da pandemia de COVID-19, este ano non se poden xuntar tantos alumnos, debendo manter a distancia de seguridade en todo momento, por elo promoven actividades diferentes e apoiándose nas novas tecnoloxías e as redes sociais.
Seguir dando pulo as obras e os textos dunha forma diferente, mostrando a beleza das linguas para que as futuras xeracións se formen e teñan pensamento crítico é un dos obxectivos das actividades.
Polo momento nas mesmas únicamente poden participar os alumnos do centro, existindo a posibilidade que unha vez pase a pandemia podan colaborar nenos de outros insitutos.
Nova normalidade
Na actualidade a actividade na biblioteca do IES Lauro Olmo continúa con total normalidade, nos leceres os rapaces poden estudar, recibir ou devolver un préstamo dun libro, pero sempre cumprindo cas medidas de seguridade, hixiene e con frecuentes ventilacións.