lunes. 23.06.2025

Con-fluencias, un mapa da memoria da auga na comarca de Valdeorras

Outonía S.Coop.Galega, presenta o seu proxecto que mistura arte, memoria e participación comunitaria 
portada-somoscomarca-riosil-obarco-fiandomemoria-obradoiro-niños-abuelos-2023-06-05 (1)
portada-somoscomarca-riosil-obarco-fiandomemoria-obradoiro-niños-abuelos-2023-06-05 (1)

Outonía S.Coop.Galega, presenta o seu proxecto “Con-fluencias. Laboratorio Mutante: Cartografías fluviais contemporáneas con perspectiva de xénero”. O proxecto mistura arte, memoria e participación comunitaria grazas a unha subvención do Instituto das Mulleres e do Ministerio de Igualdade para o apoio da igualdade de xénero na produción e creación artística con intervención social comunitaria e perspectiva de xénero.

Conta con dúas Pezas, intevencións, que ocuparán os Concellos de A Rúa, Petín, Vilamartín e o Barco de Valdeorras, dende Outubro a Decembro.

Con-fluencias aspira a crear un mapa da memoria da auga na comarca de Valdeorras, e a súa vinculación co río Sil, representando as fronteiras físicas, pero tamén as simbólicas vinculadas ao territorio e á memoria.

Procurarase o diálogo que permita crear un espello das realidades que habitan nas beiras do río Sil. Tanto no momento presente, como no discorrer dos anos. Poñerase a mirada sobre os mapas de lugares en desuso, ou que só perviven na memoria, mapas con voz propia vinculados coa memoria da auga e os coidados da vida: os lavadoiros, as fontes, o río, os regatos, os pedragais... As fechas programadas son:

  • Petín (Os luns 16, 23 e 30 de Outubro 11.00h - 13.00h)
  • Vilamartín (Os luns 16, 23 e 30 de Outubro 15.30h - 17.30h)
  • A Rúa (Os sábados 21 e 28 de Outubro e 04 de Novembro 11.00h - 13.00h)
  • Barco de Valdeorras (Os sábados 21 e 28 de Outubro e 04 de Novembro 15.30h - 17.30h)

Para participar podes poñerte en contacto no 622 83 42 18 (Outonía) ou no propio teléfono das Administracións locais.

Con-fluencias, un mapa da memoria da auga na comarca de Valdeorras