martes. 10.06.2025

Falece en México Celia Teijeiro, viúa de Florencio Delgado Gurriarán

Celia Teixeiro era filla de emigrantes coruñeses. Coñeceu a Florencio Delgado Gurriarán en Cidade de México, mentres traballaba na zapatería dun tío seu
undefined
Falece en México Celia Teijeiro, viúa de Florencio Delgado Gurriarán

A Real Academia Galega expresa o seu pesar polo pasamento de Celia Teixeiro, viúva do protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. De orixe galega, Celia Teixeiro naceu hai 96 anos en Cuernavaca (México) e casou co poeta valdeorrés en 1944, cinco anos despois de que, tras a guerra civil, el chegase a México como exiliado a bordo do Ipanema.

Celia Teixeiro era filla de emigrantes coruñeses. Sendo moi pequena, trasladouse á cidade dos seus proxenitores, pero en 1939 a familia volveu establecerse á outra beira de Atlántico. Coñeceu a Florencio Delgado Gurriarán en Cidade de México, mentres traballaba na zapatería dun tío seu e o escritor e activista cultural se gañaba a vida como representante dunha casa de zapatos.

Celia Teixeiro e Florencio Delgado-1981-Arquivo-familiar-recorte-1
Celia Teixeiro e Florencio Delgado

A parella tivo cinco fillos: Florencio (1944), Celia (1945), Maruxa Ildara (1949), Lucio Antonio (1951) e Carmiña (1955). As tres fillas e un dos seus netos viaxaron dende México e os Estados Unidos para participaren na celebración do Día das Letras Galegas 2022 o pasado 17 de maio en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), a vila natal do autor. Ela, debido á súa avanzada idade, non puido estar presente.

Falece en México Celia Teijeiro, viúa de Florencio Delgado Gurriarán