sábado. 20.04.2024
Cenro Cultural Marcos Varcarcel (Ourense) 22-12--22 Paco, Rosendo (Vicepresidente de la Deputación) Lola Luz Alfredo (Alcalde del Barco) Margarita y Luis Henrique en la exposición Exencial de Javier Diaz Ferrer. Nestor Alvarez Rodriguez
"Esencial" chega ao Centro Cultural Marcos Valcárcel no centenario do pintor Jesús Díaz Ferrer

 O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a inauguración da exposición "Esencial", unha mostra das obras do pintor barquense Jesús Díaz Ferrer que conmemora o centenario do seu nacemento e que se poderá visitar ata o 22 de xaneiro de 2023. 

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou na presentación da mostra acompañado polo alcalde do Barco, Alfredo García; o comisario da mostra, Luís Enrique Rodríguez; e o director do Marcos Valcárcel, Francisco González. 

Rosendo Fernández destacou que "o centro cultural é un punto de encontro, unha porta aberta á pluralidade e unha canle de difusión cultural, un centro aberto sempre para a cultura". En canto á figura de Díaz Ferrer, Rosendo definiuno como "un artista polifacético e prolífico, que colleu experiencias polos moitos sitios que coñeceu e que se codeou con xente consagrada coma Picasso ou Dalí". O vicepresidente provincial rematou destacando que "a cor da súa obra encaixa perfectamente con estas festas de Nadal". 

Alfredo García agradeceu á Deputación por permitir usar esta casa para poder dar a coñecer a Díaz Ferrer en Ourense, e tamén a Luís Enrique por ser a alma máter do proxecto e un estudoso dun autor do que para falar da súa obra, hai que falar da súa vida". O alcalde do Barco de Valdeorras trasladou que "o Concello non vai parar aquí, senón que se compromete a seguir dando a coñecer a Díaz Ferrer polo resto de Galicia".

Pola súa banda, Francisco González explicou que "o Marcos Valcárcel pecha o ano expositivo cun artista ourensán, sendo sempre un pracer poñer en valor os artistas da nosa provincia". Neste caso, "cun pintor de grande calidade". O director do Centro Cultural quixo agradecer tamén ao comisario da exposición pola súa colaboración. 

Luís Enrique Rodríguez Arias, o comisario da exposición, foi o encargado de expoñer a figura e a obra de Jesús Díaz Ferrer, a quen a Deputación de Ourense lle concedeu unha beca en 1940. Luís Enrique Rodríguez, explicou que "o cumprimento do centenario foi unha boa oportunidade para dar a coñecer a este pintor e implicar ás institucións, a través dunha pequena mostra de debuxos da súa colección persoal con estilos diferentes e que tiñan un grande significado para el". Todo isto, finalizou, para saldar "unha débeda da súa vila, da súa provincia e da historia da arte galega con Jesús Díaz Ferrer".

O autor

Jesús Díaz Ferrer, Jesús do Barco, foi un creador curioso e atrevido que pasou a súa vida completamente consagrado e entregado á arte. As súas obras compartiron espazo xunto ás de Matisse ou Picasso e foron comercializadas nas casas de subastas máis prestixiosas. Esta exposición conmemora o centenario do seu nacemento.

De carácter inquedo, Díaz Ferrer acumula e compaxina linguaxes toda a vida, xerando unha variedade e unha riqueza expresiva que lle permitían captar a súa idea, xa procedera da percepción do exterior ou do seu gran mundo interior. Díaz Ferrer atopaba a inspiración en calquera sitio, dentro ou fora da súa cabeza, e adaptaba a súa linguaxe ao que quería plasmar.

Nado en 1922, dende 1953 aséntase en París, onde vive e traballa ao longo dos seguintes 28 anos, con estancias temporais en Gotteborg, Zurich, na campiña francesa, Cangas do Morrazo e visitas esporádicas ao Barco de Valdeorras.

"Esencial" chega ao Centro Cultural Marcos Valcárcel no centenario do pintor Jesús Díaz...