viernes. 19.04.2024

A artista Cristina Verbena, visita este mércores o ciclo De Perto no que será a súa primeira actuación en Valdeorras

A novena edición do ciclo De Perto recibe este mércores a visita da artista aragonesa Cristina Verbena. Esta narradora zaragozana destaca por facer unha actuación única alá por donde vai. A autora salientou que encóntrase nerviosa antes da actuación, pero que lle pasa en todos os lugares onde mostra os seus traballos.

Esto é debido as ganas de facer ben as representacións que contan a perplexidade de quen camiña. Se ben, ten o seu repertorio preparado, para un público xóven e adulto, Verbena, destaca que cada espectáculo é unico. Por elo improvisa as veces parte dos textos falando do lugar ou do público asistente para que cada función sexa especial.

A zaragozana salientou a beleza da vila barquense tras pasear polo Paseo do Malecón, así mesmo espera con impaciencia a hora de subirse ao escenario na Casa Grande de Viloira, xa que antigos narradores do ciclo faláronlle moi ben deste lugar.

Verbena cree que a cultura é unha necesidade básica, sendo os pobos os que fixeron posible que todo o que engloba a este sector poidera continuar tras apostar por eles dende o fin da primeira onda da Covid-19 no verán do 2020. Tamén salienta a dificultade das grandes compañía a hora de conseguir datas.

A narradora, profesional dende o 1998, ven de actuar en Úbeda, Logroño e diversos lugares da xeografía nacional. Tamén actuou en tempos pasados por Arxentina ou Bélxica.

O futuro, tras un confinamento onde adicouse a diversas tarefas o observa de forma positiva.

Cristina Verbena protagonista do ciclo De Perto