sábado. 20.04.2024

Os colexios de Valdeorras únense á festa das Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregou o premio do concurso-exposición das Letras de Florencio ao colexio Virxe do Camiño de Rubiá, na modalidade de Infantil e Primaria e presentou a exposición sobre ou autor homenaxeado no 17 de maio dirixida a centros de Educación Secundaria, FP e outras ensinanzas no instituto Cosme López da Rúa

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, estivo presente nesta entrega de premios, onde valorou de forma moi positiva estas xornadas marcadas polo Día das Letras Galegas e con Florencio Delgado Gurriarán como protagonista indiscutible.

A axenda de actos para as próximas horas é " infinda". Un programa que define como «unha explosión de Florencio, de As Letras e de noso idoma. Esta comarca, que tan presente estivo sempre na obra de Florencio, impregna As Letras de forma especial».

Valdeorras convértese así na capital da cultura de Galicia. «É unha gran satisfacción poder comprobar a magnífica organización que este ano levan As Letras ao mundo enteiro» E é que, entender a Florencio «é entender a Valdeorras, este colorido e léxico propio de toda a zona».

Valentín Garcia entrega o premio do concurso das Letras Galegas no colexio Virxe do Camiño de Rubiá (9)
Débora Álvarez, Julio Pérez, Aurelio Blanco, Margarida Pizcueta e Laura Iglesias

Valentín García tamén destacaba a importancia de que a cultura salga das bibliotecas e os teatros. Por iso é polo que cadeas como Eroski estea a encher dos versos de Florencio as súas bolsas e supermercados. Unhas bolsas cuxa imaxe é a creada polos nenos e nenas do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá. «A cultura galega ten que estar en comercios, lugares de lecer, en videoxogos, no cinema... É unha maneira de darlle outra dimensión ás letras». 

Valentín Garcia entrega o premio do concurso das Letras Galegas no colexio Virxe do Camiño de Rubiá (44)
Presidindo o acto: Andrea Moldes, Elías Rodríguez, Valentín García, Judith Fernández e Ricardo Gurriarán

Vídeo do acto de entrega do galardón no colexio de Rubiá. Xunto ao  representante autonómico interviñeron a xefa territorial de Ourense, Judith Fernández Novoa; o alcalde de Rubiá,  Elías Rodríguez Núñez; a directora do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, Andrea Tato, e o representante da familia Gurriarán, Ricardo Gurriarán.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Univerdades, Valentín García,  felicitou o centro gañador polo seu coidado traballo, “unha obra colectiva que implicou tanto ao profesorado como ao alumnado do centro”. “Este espírito de colaboración e de unidade, que é o espírito das Letras Galegas, permite que un centro educativo do medio rural coma este poida facer un traballo tan grande e tan interesante, que serve para difundir tamén nos restantes centros de Galicia o exemplo de Florencio Delgado Gurriarán”, apuntou García, quen ademais fixo mención ao importante labor que realizan por toda a Comunidade os equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos.

Valentín Garcia entrega o premio do concurso das Letras Galegas no colexio Virxe do Camiño de Rubiá (18)
Os nenos e nenas do colexio de Rubiá lendo os versos de Florencio

Neste acto, fíxoselle entrega do cheque co premio ao coordinador do proxecto, Felipe Ulloa González, e do diploma acreditativo a Andrea Tato. Logo, o alumnado gañador recreou o poema A muiñada da obra Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán.

Valentín Garcia entrega o premio do concurso das Letras Galegas no colexio Virxe do Camiño de Rubiá (26)
Valentín García entrega o cheque co premio ao coordinador do proxecto, Felipe Ulloa González

O traballo gañador na categoría de Infantil e Primaria, Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro, destacou cun harmonioso conxunto de carteis nos que son de salientar a orixinalidade, a calidade estética e artística e a idoneidade das diversas técnicas e materiais usados na súa elaboración. Os carteis van acompañados dunha guía didáctica con interesantes tarefas de gamificación e outras destinadas ao alumnado con necesidades específicas, así como orixinais vídeos de animación, na procura de difundir a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán entre o alumnado máis novo. Todos estes materiais atópanse no Portal da Lingua Galega e no blog do centro, O guieiro de Florencio.

Valentín Garcia entrega o premio do concurso das Letras Galegas no colexio Virxe do Camiño de Rubiá (27)
Entrega do diploma acreditativo a Andrea Tato, directora do centro educativo de Rubiá

 

IES Cosme Lópezinaugura a exposición sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Seguidamente, Valentín García desprazouse ao IES Cosme López da Rúa (Ourense) para presentar a exposición sobre a figura homenaxeada pola RAG este 17 de maio correspondente ao resto dos centros e niveis educativos do ensino non universitario.

Ao acto asistiron tamén a xefa territorial de Ourense, Judith Fernández Novoa; a directora do IES, María Rosario Alonso Casas; os autores destes materiais, Débora Álvarez Moldes e Xulio Pérez Veiga, e o representante da familia Gurriarán, Ricardo Gurriarán.

Exposición de Florencio Delgado Gurriarán no IES Cosme López da Rúa (7)
O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Cosme López recitou poemas sobre o homenaxeado

Durante a xornada, o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Cosme López recitou poemas sobre o homenaxeado e o público asistente visitou a exposición onde, ademais dos carteis das Letras Galegas, puido contemplar un lenzo coa caracterización de Gurriarán que foi realizado polo alumnado.

Exposición de Florencio Delgado Gurriarán no IES Cosme López da Rúa (4)
Os comisarios da exposición, Déboa Álvarez Moldes e Xulio Pérez Veiga

Cada unha das exposicións vén acompañada da correspondente guía didáctica, que permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, así como regras, marcadores de libros e outros materiais. Todos eles están dispoñibles no Portal da Lingua Galega.

Exposición de Florencio Delgado Gurriarán no IES Cosme López da Rúa (1)
As fillas de Florencio facendo unha fotografía a unha das obras da exposición

 

Os colexios de Valdeorras únense á festa das Letras Galegas